A nosa achega á educación infantil

Pan de millo

In ContArte,MusicArte on 18/11/2013 at 08:02

???????????????????????????????O pasado sábado presentouse na Galería Sargadelos de Compostela o libro disco Pan de millo” de Migallas editado por Kalandraka.

Nós xa tivéramos ocasión de escoitalo con anterioridade, pero cómpre dicir que a posta en escena de María Campos e Carlos Yus lle dá un valor engadido que vai máis alá da súa presentación en público.

Penduradas polas paredes fermosas ilustracións de Dani Padrón, e repartidos pola sala elementos relacionados coa elaboración do pan de millo tratando de achegarlle aos pequenos tarefas tradicionais xa case descoñecidas para eles: a semente do millo, as espigas, cestas e canastros, hórreos, muíños de man, peneiras, artesas e a boroa cocida, que finalmente foi repartida entre os asistentes.

Os nenos e nenas cantaron, mimaron e bailaron con algunhas das cancións recollidas no CD, “Unha vella tiña un can”, “Pan de millo”, pechando, como non podía ser doutro xeito, con “Miña abuela Manuela”, xa que logo, o libro vai dedicado “Aos vellos que coidan dos nenos e aos nenos que coidan dos vellos”.

Desde esta ligazón pódense escoitar fragmentos dalgunhas delas.

???????????????????????????????

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: