A nosa achega á educación infantil

Este retrato aseméllase a…

In CativArte on 10/10/2013 at 07:48

Inesperadamente xurdiunos unha actividade fantástica da que estamos tirando moito proveito e cremos que aínda nos dará bastante xogo.

Tras consensuar as normas para o aseo e para a zona de lectura, recollémolas nun cartel acompañadas de suxestivas imaxes. Cando os estábamos proxectando na pantalla para ver se todo estaba ben, dous alumnos sentíronse identificados co retrato dun neno lendo. “Ese son eu”, “Non, son eu” dixeron case ao unísono. Todos os demais concordaron coas súas apreciacións, motivo polo cal fomos analizando os rasgos do neno retratado e vendo as coincidencias e/ou diferenzas cos que se atribuían o parecido, cabelo, faciana, sorriso, pose… Finalmente, concluíron que se asemellaba máis a un que ao outro.

Tras esta proveitosa actividade, os demais reclamaron un retrato co que compararse.

Non foi doado darlle continuidade a un xogo que xurde froito da casualidade. Por sorte demos cun magnífico blog, I am a child, children in art history, no que recollen milleiros de representacións pictóricas de nenos e nenas, de todas as épocas, estilos e nacionalidades. Así puidemos ir escolmando cando menos dous ou tres retratos que ao noso entender gardaban algunha semellanza con cada un dos nosos 25 alumnos/as.

Elaborada esta batería, primeiro pasámola toda deseguido, para ver se eles aprezaban o mesmo ca nós. Houbo moitas coincidencias.

Como curiosidade dicir que case sempre son os outros os que se decatan do parecido, algo co que ás veces non concorda o “interesado”. Tamén adoitan ver semellanzas con aquelas representacións nas que os nenos/as están a realizar algo moi atractivo. Velaí unha pequena introdución a que un retrato vai máis alá da representación fiel da fisonomía, tamén plasma cualidades persoais e psicolóxicas.

Tras varias sesións e moito debate agora xa temos decidido un retrato por alumno/a. O seguinte paso será fotografar a cada neno/a na mesma pose que a do retrato que se lle asemella. Moi de esguello saberemos o que son:  primeiros ou primeirísimos planos, planos cortos, medios ou enteiros; tan só coa pretensión de que aprecien esas diferenzas de enfoque. Posteriormente, faremos unha presentación en diapositivas co retrato e a fotografía de cada un.

Unha maneira máis de coñecer os seus rasgos persoais e diferenciadores.

Retratos
Advertisements
  1. Marabillosa actividade, marabillosa de verdade…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: