A nosa achega á educación infantil

As oportunidades desaproveitadas do inicio do curso

In AlfabetizArte on 17/09/2013 at 06:41

???????????????????????????????

Hai anos, nos días previos ao inicio de curso facíamos todos eses traballos que realizamos todas e todos os mestres: pór orde e limpeza na aula antes de que chegaran os nenos e nenas. Agora non. Ben, o da limpeza aínda segue correndo pola nosa conta (falamos de hixienizar non de trasladar o po dun sitio para outro), pero o de pór orde, decatámonos que nos brindaba unha morea de oportunidades educativas, que ano tras ano desaproveitábamos. Así, agora, dedicamos estes días de setembro a organizar, a supervisar o estado dos utensilios e materiais, a facer listaxes do que precisamos mercar priorizando unhas cousas sobre outras e facéndolles ver que non podemos asumir economicamente todos os gastos, etc.

Certo é que a aula non está tan bonita no momento de chegada, pero temos que lembrar que nós non somos decoradoras, que non se trata de arranxar un local sen contar cos usuarios, aquí trátase de crear un ambiente de aprendizaxe. Esta diferenza tan obvia é algo que non todo o mundo ten moi claro e sen embargo, malamente lle podemos aprender ao noso alumnado cuestións relacionadas co consumo, coa racionalidade no gasto, cos usos da lingua escrita ou ca utilidade dos números e da matemática, se non os colocamos en situacións reais nas que estes aspectos sexan precisos.

O espazo da aula ten que ser unha creación conxunta na que eles sexan partícipes e coñecedores de cada decisión que se toma.

Deixamos como exemplo o aproveitamento matemático que se pode tirar de algo tan sinxelo como a escolma das ceras e lapis de cores, tomando como referencia unha medida, conservando para uso os que a sobrepasan, e reservando para outras actividades os que non chegan.

De seguro que estes cativos non precisarán facer unha ficha para comprender “máis grande que…” ou “máis pequeno que…”

Non é necesario deseñar sofisticadas secuencias didácticas para cada contido ou obxectivo que queremos abordar, senón máis ben de facer vida real na escola.

Advertisements
  1. O certo é que moitas veces o noso propio entorno, o noso propio día a día e as accións do cotián proporcionanos recursos que poden ser aproveitados como oportunidades de aprendizaxe. Moito más económicas e máis significativas para os nenos. Os primeiros días de clase, a posta en orde dos materiais e funcionamento da clase é un exemplo diso. Grazas por compartir. Un saúdo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: