A nosa achega á educación infantil

A vida na escola contada polos nenos/as maiores aos máis pequenos

In ActualizArte on 16/09/2013 at 17:25
Sergey Rimashevskij

Sergey Rimashevskij

Recuperamos un libro e unha idea que polo de agora non fomos quen de poñer en práctica: que os nenos e nenas maiores da escola lle expliquen aos novos como é aquí a vida.

Como sempre, é Reggio Emilia quen nos inspira.

Consejos ” é o libro que elaborou a escola municipal Diana de Reggio Emilia para acoller ao novo alumnado e máis ás súas familias. Un libro escrito e ilustrado basicamente polos maiores da escola, nenos e nenas de 5 anos, que permite descubrir a dimensión e o significado da experiencia. Unha experiencia complexa, chea de valores, de emocións, de coñecemento, de comprensión, na que a mirada analítica e global dos nenos nos permite descubrir o que é importante para eles. Fai visible o invisible da educación e amosa o máis profundo do ensino e, sobre todo, da aprendizaxe. “Consejos” é un libro que convida a experimentar en solitario ou en grupo, entre maiores e pequenos, convida a entrar no xogo da pedagoxía de Malaguzzi, convida a ser activo na lectura, a dar cor ás súas páxinas, convida a descubrir a través da voz dos nenos, a sutileza da educación. Amosa con exquisita fineza, a través de textos e imaxes, unha escola na que os nenos/as felizmente felices, teñen a posibilidade de descubrir, de experimentar e de expresar o que senten, o que pensan, o que imaxinan das cousas, das persoas ou do mundo. Un mundo no que a escola debate e dialoga, un mundo no que a historia e a realidade se mesturan para proxectar un futuro posible, que se constrúe de maneira colectiva entre os nenos e as persoas adultas. “Consejos” apúntalle un gran reto a calquera educador, pero, por enriba de todo, aos políticos e aos mestres.

Trataremos de poñer en práctica algunha das ideas que nel se recollen.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: