A nosa achega á educación infantil

Preescolarización da educación infantil

In RebelArte on 17/06/2013 at 06:50

Cremos que aquelas persoas que empezamos a traballar en Educación Preescolar entendemos á perfección este titular, xa que logo fomos conscientes do cambio de concepción que supuxo que a LOXSE establecese este tramo educativo  como Educación Infantil. Algo que ía más alá dunha nomenclatura, apostando por unha etapa con entidade propia e non cun carácter propedéutico de cara á Educación Primaria. Ata daquela entendíase que a vida escolar dos pequenos de 4 a 6 anos se centraría no traballo de prerrequisitos: pre-lóxica, pre-escritura, pre-lectura. O currículo da Educación Infantil puxo o acento noutros aspectos máis propios das súas idades e dos seus intereses, sen caer no mero entretemento nin nese sentido preparatorio.

Lamentablemente, vinte anos despois, cada vez máis, nótase unha involución neste terreo.

Cada tránsito de etapa educativa ten os seus mecanismos de control, reais ou ficticios, legais ou inventados, parece que sempre hai uns xuíces que valoran o traballo realizado polos anteriores. No caso da Educación Infantil, os “mordomos do algodón” son os de Educación Primaria. Comentarios lixeiros feitos a comezo de curso –“veñen moi mal preparados”, “parece que non estiveron escolarizados”, “non sabe ler nin coller un lapis”, “non saben estar sentados durante toda a clase”, “en que pasaron o tempo durante tres anos?”–  poden botar por terra a valoración de todo o traballo realizado en infantil. Comentarios que espallan aos catro ventos, familias incluídas, deostando ao mestre anterior.

O curso pasado xa tratamos este tema nunha entrada titulada “De infantil a primaria: un verán”, no que apuntábamos as diferenzas que perciben as crianzas tras o paso de dous meses de vacacións: cambios na organización do espazo, do tempo e sobre todo, na mirada que se ten sobre eles.

Os docentes de infantil, que sempre tivemos unha percepción acomplexada –sentida ou inducida- da nosa situación na arquitectura do sistema educativo, máis das veces somos sensibles a ese tipo de comentarios, e, en troques de reaccionar defendendo o noso labor, o que facemos é avergoñarnos, tomar nota para a vindeira promoción e “aplicar a lección”: hai que preparar mellor os nenos/as para primaria.

Un erro!!

Nós que cada tres anos temos que cambiar o chip  esforzándonos  en volver a comezar con pequenos de 2-3 anos (case bebés). Nós que modificamos a distribución das nosas aulas para adecualas ás idades dos pequenos. Nós que cando chegamos a un nivel óptimo cun grupo temos que baixar as nosas expectativas, ritmos e tempos e subir nos nosos niveis de paciencia. Nós que loitamos porque o período de adaptación fose entendido como unha necesidade. Nós, que teríamos como lema “Volver a empezar”, como é posible que non teñamos forza para defender a entidade propia do noso ciclo, das aprendizaxes que nel se desenvolven, e do valor do noso desempeño na vida dos cativos?

Como é posible que a esta hora moitos de nós estéamos preparando aos nenos e nenas para a “reválida” de infantil?

E aquí non vale o de botarlle a culpa á administración, xa que logo, esta, para ben ou para mal, non se manifesta neste terreo. A culpa é só nosa, da nosa autoestima profesional, que sempre parece saír mal parada pola mirada reprobatoria dos que están un chanzo por riba nosa; un chanzo na estrutura do sistema que non lles concede ningunha superioridade, pero que nembargantes, inexplicablemente, nós lle atribuímos.

Para os que lle gusta ter argumentos xurídicos, a norma é clara:

Artigo 10°.- Coordinación entre ciclos e con educación primaria.
1. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establecerá mecanismos que favorezan a coordinación das propostas pedagóxicas dos centros que impartan o segundo ciclo de educación infantil con aqueles que impartan o primeiro ciclo da etapa, co obxectivo de garantir a continuidade do proceso educativo do alumnado.

Garantir a continuidade”, cremos que non é preciso abundar máis no recollido na Orde do 25 de xuño de 2009 pola que se regula a implantación, o desenvolvemento e a avaliación do segundo ciclo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

É a nosa obriga, defender a labor que realizamos, de facérmonos respectar, ao igual que nós respectamos a labor que desenvolven os docentes doutra etapa. Pero iso só o podemos defender cada un de nós. Recordade que os grandes prexudicados dos nosos complexos e de sucumbir ás críticas serán os nenos e nenas.

Advertisements
  1. Comparto os vosos argumentos e penso que en Educación Infantil se planta moito do que despois recollemos en Primaria, plántanse moitas sementes que van florecendo día a día. Penso tamén que dentro do noso sistema educativo as Mestras e Mestres de Infantil merecen un recoñecemento especial, para todos eles, para todas vos un forte aplauso.

  2. Antes de nada, siento escribir en castellano, soy de fuera y todavía no me atrevo a escribiros en gallego aunque estoy plenamente inmersa en el idioma. Como madre de un niño de vuestro colegio que abandona este año infantil y empieza primaria y como profesora, aunque de secundaria, estoy plenamente de acuerdo con vuestros argumentos y la mayoría de las veces me siento indignada de que el “enemigo” lo tengamos en casa, es decir nuestros propios compañeros que desprestigian toda la inmensa labor que el profesor de infantil realiza con nuestros pequeños; de la misma forma, me siento culpable como madre, por apremiar a estos profesores para que enseñen a nuestros hijos a leer y escribir, para no tener que enfrentarnos con los profesores de primarias. Disculpas y gracias como madre y ánimo como compañera.

    • Estimada compañera, InnovArte está en gallego y en español para facilitar la lectura, para llegar a más gente y para que el que nos lea se sienta cómodo. Sabemos que cuando escribimos en español a veces se nos cuelan algunas faltas, dado que hacemos la traducción del texto original en gallego, pero insistimos, la pretensión es llegar más y mejor, por lo tanto no tienes nada por lo que disculparte.
      Todos los docentes, sean del nivel que sean, tienen a alguien por debajo (a quien culpabilizar, si así lo desean) y a alguien por encima (a quien temer su juicio, si así lo desea), pero lo fundamental en este engranaje del sistema educativo es que cada quien se ocupe plenamente de lo que le corresponde.
      Gracias por tu comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: