A nosa achega á educación infantil

“Gorilón”: o medo ben medido

In ContArte on 12/06/2013 at 06:58

Todos sabemos que aos cativos lle gustan os contos que teñen un chisco de intriga e aqueles que os fan estremecerse sen chegar a asustalos. Esa medida exacta do medo xusto non é doada de conseguir, emporiso queremos salientar un libro que vimos de descubrir: “Gorilón“.

Certamente a portada de Gorilón bota un pouco para atrás, xa que nos presenta un animal arrepiante, que nada ten que ver coa tenrura que logo amosará coa rata que perdeu ao seu bebé.

Un libro trepidante, no que ao paso de cada folla parece que sucederá o peor mantendo aos pequenos en estado de expectación, ata que finalmente descobren que as cousas non son o que parecen e que non deben deixarse guiar polo aspecto externo dos demais.

Días atrás mencionábamos outro que tamén incidía no lado tenro e cariñoso dos gorilas, “Cosita linda”, de Anthony Browne. Curiosamente nos dous aparece unha chiscadela ao clásico King Kong.

Advertisements
  1. Llevo muchos años contando éste cuento y en cada sesión enamora! Es uno de mis favoritos!
    Y lo que mas me gusta es el debate a voces que se genera a veces sobre si es bueno o es malo y los argumentos, mediante los comentarios de los niños, te enteras de prejuicios familiares, tópicos y también por suerte, de miradas tremendamente abiertas.
    La única pega que le encuentro al libro (para quienes lo “gastamos” de tanto usarlo) es la portada, yo la haría de cartoné 🙂

    • Nós aínda o descubrimos agora grazas a unha compañeira. Certamente a cara do gorilón que aparece na portada é máis ben “disuasoria” para o noso alumnado 3-6 anos, porque malia que o negan, son moi medosos, pero supoñemos que froito da confianza que depositan en nós, deixan que llelo contemos e o resultado é extraordinario, tanto pola historia ben construída (como lle gusta aos pequenos: presentación, nó e desenlace), como polo proveito didáctico que se pode tirar del.
      Foi toda unha descuberta.

  2. Un día una niña me dijo una frase preciosa:-“Dice mi abuela que los ojos son las ventanas del corazón.” Y mirando la ilustración (la de interior no la de portada) del Gorilón, uno descubre un corazón inmenso.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: