Sería tarefa ímproba tratar de recompilar todas as versións que se teñen feito deste conto da tradición oral, modificado inicialmente por Perrault e logo polos irmáns Grimm, como tamén parece imposible sorprender cunha nova edición do mesmo. Pois a editorial Bruño conségueo cun fermoso texto de Concha López Narváez, coas ilustracións de Violeta Monreal e cunha coidada presentación nun álbum de gran formato.
Cunha rica linguaxe literaria conseguen introducir ao lector/a na historia, que ás veces contrasta o seu coñecemento previo cos xiros na trama que introduce esta nova versión. Mesmo poderíamos dicir del que é un conto “interactivo”.
Na mesma colección podemos atopar tamén outro clásico, “Blancanieves”.