A nosa achega á educación infantil

A visita do ilustrador Leandro Lamas

In CativArte on 10/06/2013 at 06:50

Como xa anunciáramos días atrás, recibimos a visita do ilustrador Leandro Lamas.

O seu xesto amable, a súa bondade e o seu sorriso cativaron de inmediato ao noso alumnado, que co coñecemento previo que tiñan da súa obra, lle fixeron todo tipo de preguntas sobre as cores que emprega, as historias que conta e sobre a súa “fábrica dos cadros”, tal e como se pode ver no vídeo que elaboramos coas fotografías.

Tralas conversas, quixo deixarnos unha pegada da súa visita, e que mellor ca un bosquexo dedicado ao noso grupo para que logo os nenos e nenas lle deran continuidade.

Agora estamos traballando sobre unha copia que fixemos para cada un de nós e que dará lugar a un recordo memorable tanto da visita como da vida nesta aula do CEIP A Maía. Daremos conta do resultado.

Aquí deixamos tamén un vídeo coa filmación feita por Brais Romero no taller de Leandro Lamas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: