A nosa achega á educación infantil

“A cociña dos Cunqueiro”

In InformArte on 10/06/2013 at 06:48

Torta de chicharrones. “A cociña dos Cunqueiro”. Fotografía de Soledad Felloza.

Asistimos á presentación do libro “A cociña dos Cunqueiro”, unha fermosa iniciativa da editorial Galaxia na que se escolmaron 80 receitas de cociña de entre as 2.300 que Elvira González-Seco foi anotando en dez cadernos que logo legou ao seu fillo César.

Deste acto deron debida conta os medios de comunicación, pero a nós houbo algunhas cousas que, como docentes chamaron a nosa atención e queremos compartir con quen nos segue:

1ª A coidada caligrafía e sistematicidade da compiladora. Nestes manuscritos da que foi esposa de Álvaro Cunqueiro, non só figuran receitas de cociña senón tamén outras fórmulas de todo tipo sobre consellos de beleza, coidados das crianzas ou da casa e recordatorios de carácter político ou relixioso.

Sobre eles vese que a autora volvía de cando en vez facendo anotacións á marxe, corrixindo ou puntuando. Así como di no limiar o crítico gastronómico Miguel Vila Pernas:

“Normalmente emprega un número para cualificalas, aparecendo moitas con puntuacións entre o 6 e o 10 e moi poucas por debaixo do 6. Noutros casos, moitos menos, o sistema de cualificación é con letras, aparecendo fundamentalmente B e MB, que interpretamos como Ben e Moi Ben. Incluso nalgún caso se mesturan os dous sistemas e algunha receita aparece cualificada como MB e ao lado un 9 ou un 10.”

Cando na presentación escoitamos isto, como mestras non puidemos reprimir un sorriso, pensando na marcaxe de por vida que nos fan as avaliacións escolares.

2ª Tomando como pretexto o legado de Elvira, Soledad Felloza, a fotógrafa dos pratos que recolle o libro, fixo unha sutil, elegante e firme reivindicación da silente labor da muller. Agora precisamente cando a cociña é un ámbito de prestixio no que os homes parecen destacar, cómpre recordar que tradicionalmente foron as mulleres as mantedoras da cociña galega, elaboradoras diarias de sustento, malabaristas coas economías familiares e creadoras orixinais con ingredientes ben humildes. O legado das mulleres na cociña cotiá, rica, sabedora, san e tanto ou máis gorentosa ca dos grandes chefs.

3ª Tampouco desaproveitamos a chiscadela entre Iago Castrillón o cociñeiro encargado da elaboración das receitas e o editor Víctor F. Freixanes, cando este confesou que non obtivera o resultado esperado coa champaña de amorodos, ao que Iago apostilou que  quen se enfronta a un libro de cociña ten que “saber ler sen facelo ao pé da letra”. Velaquí a competencia lectora en acción: nalgúns contextos e con algúns textos, ler non é interpretar de forma literal o que está escrito.

Para rematar, dicir que “A cociña dos Cunqueiro” é unha delicia de libro que esperamos entre nas casas galegas e se poña ao carón do seu irmán, “A cociña galega” de Álvaro Cunqueiro, xa un clásico nos fogares galegos.

Advertisements
  1. Me ha encantado tu “lectura” del libro y de la presentación. He de llevarte mas veces a eventos así 🙂
    Gracias por tus palabras y por difundir.

    • Sole somos mestras e, para ben ou para mal, sempre facemos as lecturas en clave educativa. Gustounos moito a presentación, diferente, entre amigos. Gustamos tamén das palabras de cada un de vós, a elaboración de Iago e que dicir das túas fotografías… Xa vos temos comentado en algunha ocasión que somos seguidoras fieles de Capítulo 0 e máis de La caja de los hilos. Parabéns para vós.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: