A nosa achega á educación infantil

Achegas ao borrador dos Plans de Formación Permanente do Profesorado 2013-2014

In FormArte on 06/06/2013 at 08:00

Chega aos nosos centros o documento: “Guía: Plans de Formación Permanente do Profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2013-2014”, do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación).

Supoñemos que é un borrador non se sabe ben se dunha orde, dunha resolución ou de algo que só se publicará no web, pero trala súa lectura asáltannos varias dúbidas que nos gustaría alguén puidese axudarnos a esclarecer.

1ª O pasado mércores 22 de maio publicouse no DOG  a Orde do 14 de maio de 2013 pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia, que no seu artigo 9 dedicado ás modalidades de formación e as súas características, no punto 3 referido aos “proxectos de formación en centros”, recolle que terán unha duración mínima de 30 horas e máxima de 75, engadindo queAsimilaranse á modalidade de proxectos de formación en centros, para os efectos de certificación, recoñecemento e rexistro, calquera outro programa institucional convocado pola Administración educativa coa valoración en horas de formación determinada na convocatoria correspondente.”, entendendo que non se superán as alí estipuladas. Na “Guía PFFP 2013-2014” no apartado de certificación do Plan explicita “non se poderán certificar máis de 100 horas de formación por curso escolar e profesor participante”.  Xuridicamente, isto non podería ser posible, xa que logo incumpriría a norma, de non ser que se faga unha interpretación laxa da mesma.

2ªNa referida Orde do 14 de maio, dise que nos proxectos de formación en centros, de entre os seus integrantes, un deles actuará como coordinador/a do mesmo. Na “Guía PFPP 2013-2014” crease un “equipo de coordinación” integrado pola persoa directora ou persoa do equipo directivo en quen delegue, e a persoa responsable de formación (coordinador de formación, se o houber, ou xefe de estudos. O responsable de formación será o coordinador do PFPP e o responsable do seu correcto desenvolvemento. Os profesores coordinadores de cada un dos itinerarios definidos que integren o plan.” (non aclaran o que se fará no caso de que o centro opte por un só itinerario). Xuridicamente, isto non podería ser posible, xa que logo incumpriría a norma, de non ser que tamén se faga unha interpretación laxa da mesma.

3ª Na “Guía PFPP 2013-14” indica que as persoas integrantes dos equipos de formación recibirán unha certificación como actividade de innovación educativa de 20 horas por curso escolar. Nós preguntámonos que é o que lle confire o cariz innovador as tarefas a desenvolver por esas dúas persoas (case sempre do equipo directivo), de modo que reciban 100 horas de formación e 20 de innovación, talvez  entendan que radica nas tarefas a realizar: preparar e elaborar a documentación, colaborar co CAFI, elaborar as memorias, preparar as actas ou redactar a proposta de profesorado a quen certificar. Isto podería ser unha asimilación de innovación a realización de tarefas administrativas, algo ben preocupante, engadido a que estamos a falar dun proxecto de formación, non de innovación. Certamente non incumpre o 24.7 da Orde de 14 de maio “Por unha actividade só se recibirá un certificado, como regra xeral, sexa cal for a participación nela, polo tanto, non poderá expedirse simultaneamente certificación de asistencia e de coordinación ou titoría dunha mesma actividade.” porque non son dous certificados de formación, agora ben, non parece correcta esa maneira de entender o que é a innovación educativa, a máis de ser un agravio comparativo para as persoas integrantes. Ao igual ca nos puntos anteriores, pode ser  unha interpretación laxa da norma.

4ª Na valoración de solicitudes dise que se atenderán os seguintes criterios:

-viabilidade pedagóxica, ata 30 puntos
-calidade do plan, ata 30 puntos
-implicación e participación, ata 15 puntos
-participación noutros plans, ata 10 puntos
-participación de varios centros no mesmo plan (mesmo nivel ata 10 puntos, distinto, ata 15 puntos).

As dúbidas que nos xorden son:

a)Como se distribúen obxectivamente eses puntos?, que fai que un centro acade 1 punto e outro 30?, en base a que indicadores se diferenzará entre 25 ou 26 puntos?

b)É posible a implicación plena e activa do centro se está comprometido con outros macroproxectos como poden ser Abalar, ComBas ou Contratos-programa? Podería ser unha forma de rendabilizar por partida dobre unha mesma acción? Podería dar lugar a perversións da formación? Podería ser que se reciba dobre dotación e dobre certificación polo mesmo tempo e similares actividades?

c) Á vista dos itinerarios é máis valorado que se xunten centros de distinto nivel educativo, cren entón que hai compatibilidade de intereses formativos e de aplicación no aula entre centros de primaria e secundaria no caso do tratamento das competencias básicas, da convivencia escolar ou da atención á diversidade? Isto é opinable, pero a experiencia na diferenciación de actividades formativas para un ou para outro colectivo parece indicar todo o contrario.

d)Como se pode medir a implicación do profesorado cando se está a falar do proxecto que redactarán no mes de setembro previo ao inicio do plan?

5ª No que unhas veces denominan “liñas de traballo” e outras “liñas de actuación”, no seu punto g) establecen a xestión directiva dos centros. É posible que esta temática implique ao menos ao 40% do profesorado do centro? Esta liña “responde ás necesidades do centro tomando como punto de partida unha avaliación da súa situación co obxectivo final de aplicar na aula a formación recibida”? De ser así, nese centro máis ca incidir na formación, sería mellor que cambiaran o equipo directivo.

6ª Establécese como finalidade dos PFPP “a actualización e perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado, para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares do alumnado”, competencias profesionais que non están recollidas en ningures, e á vista das diferenzas interpretativas, sería bo enuncialas.

7ª Entre as características dos PFPP indícase que terán unha duración mínima de 2 cursos escolares e máxima de 4. Sabendo que non se poden garantir nin a estabilidade das plantillas nin da dispoñibilidade formativa do profesorado, sería bo, contemplar a posibilidade de altas e baixas sempre e cando non se modifiquen as condicións que se tiveron en conta para a súa concesión.

8ª Non aclara a guía, cal será o procedemento a seguir para a dotación económica dos proxectos, e dado que se trata de contías bastante elevadas  (4000€-6000€) de cartos públicos, sería aconsellable establecer a relación entre a puntuación do proxecto e a dotación, así como entre o cumprimento dos obxectivos, xa que logo, a ambición de ter dous itinerarios non é garante de que precisen nin de que empreguen axeitadamente os orzamentos, revertendo nunha mellora da praxe docente. Posiblemente habería que ter en conta o colectivo participante e as horas que lle queiran dedicar; eso si, axustándose á norma.

9ª É raro que non se mencione que na dotación económica influirá o número de centros que o soliciten nin o monto total da mesma, xa que é de supoñer que nestes tempos de austeridade económica en todas partidas, esta aplicación orzamentaria non será inesgotable.

Rematamos estes apuntamentos coas dúbidas que nos xurdiron, coa petición de que se é posible se aclare máis e mellor a convocatoria, algo que temos a completa seguranza de que se fará porque hai mecanismos de control dabondo, entre outros supoñemos que se terán en conta: as achegas dos distintos representantes do colectivo docente, das estruturas de formación, da Inspección Educativa, dos Servizos Técnicos Xurídicos, dos de Intervención económica, do Servizo de Formación do Profesorado, do Servizo de Ordenación, Innovación e Orientación Educativa -moitos deles presentes na “Comisión de selección e avaliación” recollida na guía para velar pola súa correcta execución-, ou mesmo dos axentes de avaliación externa que certifican a calidade do servizo prestado polo CAFI, sen esquecer por suposto todo o amplamente aceptado en múltiples estudos e investigacións en materia de formación e de innovación educativa.

E se ousamos facer estas achegas é porque consideramos que o documento está nun momento moi inicial, así, na copia que foi entregada en man nos centros polos asesores do CAFI nin figura o membrete da consellería nin se lle menciona explicitamente no título.

-NOTA: 13 días despois saiu publicada no DOG como Resolución sen ningunha modificación sobre o borrador inicial.

Advertisements
  1. Moitas grazas pola valoracin realizada, toda ela, moi atinada. Un abrazo,

    2013/6/6 “InnovArte Educacin Infantil”

    > ** > ngeles Abelleira e Isabel Abelleira posted: “Chega aos nosos centros o > documento: Gua: Plans de Formacin Permanente do Profesorado que se van > implantar en centros educativos pblicos dependentes desta consellera no > curso 2013-2014, do CAFI (Centro Autonmico de Formacin e Innovacin). > Supoem”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: