A nosa achega á educación infantil

Subxectivización da infancia

In RebelArte on 01/06/2013 at 09:29

Xa temos falado en moitas ocasións da etiquetaxe, patoloxización e medicalización da infancia, de feito, cremos que é unha das teimas de InnovArte, emporiso queremos facernos eco dun congreso que terá lugar nos vindeiros días en Bos Aires.

O IV Simposio internacional sobre la patologización de la infancia, ten como obxectivo promover o intercambio e o debate sobre intervencións e prácticas que consideren as subxectividades dos nenos, nenas e adolescentes, respecten a súa singularidade e favorezan a inclusión, en clínica e nas aulas. Así se concreta nos seus eixos temáticos.

Nas conferencias e paneis de debate, tratarán moitas das cuestións que nos preocupan a meirande parte dos docentes que asistimos abraiados perante diagnósticos irresponsables que se acaban convertendo en profecías de autocumprimento. Entre outros temas, vemos no programa:

-a medicalización, as diferenzas entre medicar e medicalizar
-autismo, a nova epidemia?
-os nenos que se portan mal
-políticas públicas e procesos de subxectivización
-a detección temperá e o screening: alcances e riscos
-os nenos e adolescentes: o perigo dunha sociedade que mira cara o outro lado
-paradoxos da inclusión social
-patoloxías graves na infancia
-violencias invisibles, diagnósticos encubridores
-patoloxización da pobreza
-infancia clasificada
-discapacidade certificada
-educación inclusiva, docentes exclusivas
-intervencións subxectivantes en saúde mental, un desafío para a nosa época

Non podemos ir a Bos Aires, pero estaría ben que desde a formación do profesorado se empezaran a tomar en conta estas cuestións que nos preocupan aos ensinantes e que nos ocupan moito tempo e esforzo na escola, xa que logo, máis das veces non entendemos en base a que se fan tantos diagnósticos precoces, arbitrarios e desatinados. Non miramos cara ningún lado pero profesorado, orientadores, psicólogos, pedagogos, pediatras, paidopsiquiatras, outros profesionais (ou non profesionais) e familias, temos todos a nosa parte de culpa no que está acontecendo.

 Xa vimos nenos pastilleados pola mañá; xa vimos pais que van dun consultorio noutro ata que nalgún lle penduran unha etiqueta ao seu fillo/a, así non pensan en que están errando coa súa educación; xa vimos pais que queren que se lle faga unha avaliación de discapacidade ao fillo/a; xa vimos mestras que dos inquedos din que son hiperactivos; xa vimos pediatras que en cinco minutos de consulta determinan que o neno ten TDAH; xa vimos cales son os motivos polos que se medicaliza aos cativos; xa sabemos cales son os intereses das industrias farmacéuticas; xa vimos dabondo, agora o que queremos ver é profesionalidade e responsabilidade para coa infancia.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: