A nosa achega á educación infantil

“¡Gracias!”

In ContArte on 30/05/2013 at 07:05

Asistimos á presentación do último libro de Charo Pita, “¡Gracias!”, publicado por Ediciones La Fragatina, do que din:

“En ¡Gracias! una nieta tiene muchas preguntas que hacer a su abuela y ésta no tiene respuestas. Lo cierto es que no hace falta saberlo todo, comprenderlo todo, analizarlo todo, muchas veces es suficiente con disfrutarlo, vivirlo y, sobre todo, agradecerlo. Un cuento verdaderamente hermoso lleno de silencios en los que la narrativa se llena del color de las delicadas ilustraciones de Anuska y el texto se abre invitándonos a callar y sentir. Y a agradecer cada una de las maravillas que nos rodean y que, por habituales, podemos dejar pasar sin atender. Un libro álbum fantástico, ideal para leer, contar, compartir, regalar y disfrutar.”

Na editorial aconséllano para lectores de entre 7 e 8 anos. A nós gustaranos saber a resposta que lle dá o noso alumnado a preguntas que lle fai Candela á súa avoa tales como por que non cae a lúa ou porque o mar non pasa da area.

Charo Pita seica que garda nun peto todas as preguntas que lle xorden, desde que leu  “El libro de las preguntas” de Pablo Neruda, e de moitas desas preguntas sen máis resposta ca o silencio, naceu este album ilustrado por Anuska Allepuz.  En case todos os seus libros hai unha posta en valor dos pequenos acenos que fan grande a vida e unha permanente actitude de agradecemento á sabedoría dos maiores, e neste acontece o mesmo, é un libro para falar sobre a gratitude, para acostumarse a dar as grazas polo que se nos dá de balde.

Grazas Charo!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: