A nosa achega á educación infantil

O Universo Leandro Lamas

In CativArte on 29/05/2013 at 07:05

1

O vindeiro venres recibiremos a visita de Leandro Lamas, un artista moi coñecido polo noso alumnado, xa que logo ten ilustrado moitos dos libros, albumes e poemarios que temos na aula.

Sendo un creador tan prolífico e polifacético como é podemos atopar na rede ducias das súas producións.

Leandro Lamas é un contador de historias, propias e alleas. Somos moitas as persoas que lle relatamos como é a persoa a quen queremos agasallar con unha das súas obras, e el, con eses retrincos constrúe unha fermosa composición. Con todo, sempre hai uns elementos que aparecen nas súas ilustracións dun xeito moi persoal e poético: o sol, o arco da vella, as flores, as árbores, os libros, a música…

O que fixemos co noso alumnado de 5 anos, foi analizar todos eses elementos que configuran o Universo Leandro Lamas vendo as variacións. Posteriormente, cada neno/a elixiu unha das ilustracións e trata de entender e contar aos demais esa narración visual.

Para nós, é unha forma moi evidente de facerlles ver que hai moitas e moi variadas maneiras de contar historias, sendo a pintura unha delas.

Vídeos: entrevista feita polos nenos/as dun centro, “En bicicleta“, “Selección de obras“, “Obras con música de Guadi Galego”,

Ver presentación de obras.

Libros ilustrados:

Eu tamén son fonte

Mamá,  ti si que me entendes

Poemas con piruleta

Versos en flor

A nena e o grilo nun barquiño

945143_4895792798087_1507635375_n

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: