A nosa achega á educación infantil

Lingua de regalicia

In AlfabetizArte on 16/05/2013 at 07:05

???????????????????????????????Galicia, nena e delicia,
con boca de piruleta
e lingua de regalicia.
Goza tanto coa xogueta
que anda a brincar moi coqueta
cantando o pasemisí
polas rúas do país.
Salta á corda na Coruña,
baila o trompo en Ferrol,
usa zancos en Ourense,
en Vigo tira ao brilé,
xoga ao marro en Santiago,
a estornela en Pontevedra,
en Lugo ao pano e ao aro.
Nos anos anteriores, insistimos na aridez para os nenos de infantil dos textos dos homenaxeados nas Letras Galegas, así como na necesidade de traballar coa lingua e coas letras cada un dos días do ano.
(Ver post do 2010, 2011 e 2012 con motivo da celebración das Letras Galegas.)
A nós a lingua danos para xogar, para gorentar, para ulir, para facer brincadeiras…, así escribimos palabras con regalicia a partir deste poema de Carlos Fontes que atopamos no libro “Poemas con piruleta” da editorial Galaxia.

Ver presentación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: