A nosa achega á educación infantil

Relacións parentais saudables

In FamiliarizArte on 15/05/2013 at 06:38

Fathers and Sons Totem - detail

Coñecemos o traballo da profesora María Riera da Universidade das Illas Baleares grazas a un artigo dela que nos facilitaron na nosa visita aos centros infantís de Pistoia (Italia). Daquela, xa chamou a nosa atención a súa mirada serena e racional da infancia, cunha crítica explícita a concepción da escola que se limita a asistir e preescolarizar, inmersa nun activismo sen sentido que fai perder de vista como son os tempos dos nenos, na que se sobredimensionan unhas linguaxes sobre outras, en centros tan masificados que conducen inexorablemente ao anonimato. Nese artigo, preguntábase finalmente a autora, onde quedaban os tempos vitais e sociais das criaturas.

Agora, a raíz das entradas que publicamos no blog, sobre programas televisivos nos que se dan pautas de actuación para os pais/nais e sobre as políticas de parentalidade positiva, lembrámonos doutro artigo seu no que expoñía un programa de intervención con familias en situación de dificultade, a experiencia do ““Espazo familiar de Camp Rodó””, no que participa e que ten como obxectivo fundamental traballar o vínculo afectivo pais-fillos. Neste, relata que os usuarios dos espazos familiares chéganlle derivados polas diferentes administracións públicas e que o punto forte da eficacia deste programa radica na coordinación de recursos e de servizos sociais comunitarios tratando de que estes pais/nais aprendan a:

-recuperar o pracer de estar cos fillos,

-gozar mirando e observando aos fillos,

-escoitar e atender as demandas dos fillos,

-compartir vivencias sobre a paternidade/maternidade con outros pais e nais,

-falar, escoitar e medrar xuntos.

Grandes obxectivos, que malia que todos pensemos que son inherentes ao rol de pai ou nai, hai que desenvolvelos e exercitalos, pero non todo o mundo sabe como facelo. Emporiso consideramos tan salientables iniciativas como as de “Camp Rodó” e a labor de Maria Riera, quen ademais dirixe un interesante Máster universitario en Primera infancia: perspectivas y líneas de intervención, na UIB.

Imaxe: “Fathers and sons“, Peter Michel.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: