Hai tempo que mercáramos uns rotuladores para pintar sobre cristal -que unha vez seco permiten borrar con facilidade- e que ata o momento non puidéramos empregar. Agora co tempo seco, dedicámonos a facer prácticas e deseños, así como a darlle cor á luz.
Aínda estamos empezando porque vemos que disto se pode tirar moito máis, xa que logo é moi do seu agrado e abondan exemplos para inspirarse.
Ver fotografías do grupo de 5 anos.
Ver fotografías do grupo de 3 anos.