A nosa achega á educación infantil

A oratoria na docencia

In InformArte on 13/05/2013 at 16:28

En máis dunha ocasión evidénciase o carencial que é a formación dos docentes na competencia comunicativa, sendo este un dos eidos prioritarios do seu labor. Hai quen considera que a esencia do acto didáctico é a comunicación. Un docente precisa ser un bo orador, expoñer as súas ideas con claridade e serenidade, persuadindo ao interlocutor espertando o seu interese, pero non só nas aulas, senón tamén nas reunións coas familias, cos compañeiros ou con outras persoas, en debates ou en outros foros.

Lamentablemente, vemos como isto non sempre sucede, distraéndose con divagacións, facendo perder o fío do tema ensarillándose en elementos irrelevantes ao tempo que aburren aos oíntes.

Emporiso consideramos de grande utilidade a lectura de “La isla de los 5 faros”, de Ferrán Ramón Cortés, un libro breve, sinxelo e conciso que pretende axudar a mellorar a comunicación e facela máis memorable, que en palabras do seu autor: “É un libro para comunicar. Para comunicarse. Diante de mil persoas ou de dúas. No traballo ou na nosa vida persoal. Os segredos son os mesmos.”

Mención especial merecen os que queren complementar o seu discurso con presentacións audiovisuais. Neste caso, recomendamos tomar en conta a regra 10/20/30 para o PowerPoint: non máis de 10 diapositivas nun tempo máximo de 20 minutos, nas que se empregue unha fonte non menor de 30 puntos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: