A nosa achega á educación infantil

Parentalidade positiva?

In FamiliarizArte,RebelArte on 10/05/2013 at 06:03

Atopamos enriba da mesa da sala de mestres tres documentos sen conexión aparente entre eles, pero que nos levan a facer unha reflexión conxunta sobre eles.

O primeiro era o folleto informativo dun concello coa oferta de campamentos de verán, entre os que se incluían dúas categorías: un para os nenos/as de “1º e 2º de Educación Infantil” (confirmamos posteriormente que estaban a referirse a 4º e 5º, é dicir, 3 e 4 anos), cunha duración de 2 días con pernocta de 1 noite.; e outra para 3º de EI (6º, 5 anos), 3 días, 2 noites.

O segundo era un folleto similar dunha Universidade, tamén coa oferta dos campamentos para o verán 2013, que llelos ofrecen a nenos e mozos de entre 3-13 anos.

O terceiro, unha publicación en CD da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que recolle tres estudos que promoveron nos que analizaron as liñas de actuación destinadas a fomentar as políticas locais de apoio á familia, así como orientacións para favorecer o exercicio das responsabilidades parentais desde as corporacións locais.

Trala contrariedade que nos producen os dous primeiros, abrimos o terceiro para ver que se entende por “políticas locais de fomento da parentalidade positiva”.No estudo, dise que seguindo as indicacións do Consello de Europa, refírense  «ao comportamiento dos pais fundamentado no interese superior do neno, que coida, desenvolve as súas capacidades, non é violento e ofrece recoñecemento e orientación que inclúen o establecemento de límites que permitan o pleno desenvolvemento do neno”. Dado a diversidade de opinións que poderían derivarse desta directriz, estipulan uns principios de parentalidade positiva que fomentan o benestar físico e mental das crianzas, entre os que se recollen:

-Vínculos afectivos cálidos protectores e estables para que os menores se sintan aceptados e queridos.

-Entorno estruturado, que proporciona modelo, guía e supervisión para que los menores aprendan as normas e valores.

-Estimulación e apoio á aprendizaxe cotiá e escolar para o fomento da motivación.

-Recoñecemento do valor dos fillos e fillas, amosando interese polo seu mundo, validando as súas experiencias, implicándose nas súas preocupacións, respondendo ás súas necesidades e das súas capacidades.

-Capacitación dos fillos e fillas, potenciando a súa percepción de que son axentes activos, competentes e capaces de cambiar as cousas, e influír sobre os demais.

-Educación sen violencia, excluíndo toda forma de castigo físico ou psicolóxico degradante.

Ben, visto isto, preguntámonos, a oferta de campamentos para nenos de 3, 4, 5 anos pode ser entendida coma unha política de fomento da parentalidade positiva? A tenor do que vimos de ler non.

Calquera que coñeza ou conviva con nenos pequechos sabe que polas noites é cando máis precisan ás súas figuras de referencia, da anguria que senten por estar sos e do que os desacouga non ter a seu pai/nai preto en 24 horas. Non cómpre máis ca recordar cando ás familias lle xurde algún problema, hospitalización, etc, que lles impide estar cos seus fillos e de como isto lles afecta. Mesmo os episodios de pranto que xorden ao longo das 5, 6, 7, 8, 9 ou 10 horas nas que permanecen no centro e non ven aos seus pais.

Non quero que ninguén me fale de conciliación, de aprendizaxe nin de socialización como argumento que xustifique a oferta de campamentos a nenos de 3-5 anos durmindo fóra do fogar. Fálenme de egoísmo, de insensatez, de desarraigo, de irresponsabilidade, de maltrato psicolóxico e doutras lindezas que configurarían unha longa lista sobre os pais e nais, que son quen as demanda desentendéndose das súas responsabilidades parentais. E aos concellos ou outras organizacións preocupadas e investigadoras sobre a parentalidade positiva, pediríalles coherencia. Cando menos que non gasten os cartos en estudos que logo vulneran coas súas actuacións. E xa non lles quero contar o que me parece como contribuínte que se invistan os meus tributos nese tipo de actividades mentres se recortan noutros ámbitos prioritarios como poden ser a educación ou a sanidade que terían unha incidencia máis positiva na vida dos nenos e das nenas.

Acaso é isto parentalidade positiva? Para nós, non.

Fotografía de Juan R. Fabeiro

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: