A nosa achega á educación infantil

Aniñando

In ContArte on 06/05/2013 at 06:57

O vindeiro día 7 recibiremos a visita de Dores Tembrás e de Xosé Tomás, autora e ilustrador do fermoso libro “O peizoque Roque”, a raíz do cal iniciamos unha actividade que mantivemos ao longo do curso e que agora retomamos con forza.

O noso alumnado está engaiolado cos niños. Fomos facendo unha liña do tempo do acaecido na vida dos paxaros nestes últimos meses: A súa migración outonal cara zonas máis cálidas, o seu retorno a finais do inverno; o seu casorio segundo a tradición popular; o inicio da feitura do niño ou o aproveitamento doutras xa feitas; a posta dos ovos, e a súa incubación; o nacemento dos paxariños … Hai moito do que falar e moitos paralelismos que establecer co devir das persoas.

Para documentarnos empregamos un magnífico libro informativo publicado por Altea Visual, “Os paxaros e o seu niño” de David Burnie.

Así como por vídeos nos que nos explican os seus hábitats e tipoloxía dos niños, a migración, paxaros dos nosos campos, os seus sons e cantos.

Moito se ten feito sobre isto nos centros educativos, porén bebemos de moitos proxectos publicados na rede, como este que recollemos aquí.

Sobre paxaros e sobre niños tamén hai moito na literatura infantil. Do máis recente salientamos:

Niños”, de Pepe Márquez e Natalia Colombo en Kaladraka. Grandes, pequenos, accesibles, agochados, orixinais, sinxelos… estes paxaros estrafalarios habitan en fogares dispares. Tan diferentes e á vez tan parecidas, as aves suscitan curiosidade e admiración.. Con motivo da súa presentación, a editora ten unha orixinal exposición na Galería Sargadelos de Santiago na que se poden ver niños do máis creativo.

Un pájaro hermoso” en Blume, un espectacular álbum pop up, unha fantasía de papel creada polo inxeñeiro francés Philippe Ug, que nos narra a historia dun pequeno paxaro que, desde o bosque dos seus soños, no seu acolledor niño, sae a dar os seus primeiros pasos para explorar o mundo e acaba por converterse nun paxaro magnífico que voa para descubrir o mundo.

Seguiremos contando da nosa aniñada.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: