A nosa achega á educación infantil

No bosque

In ContArte on 17/04/2013 at 15:27

Nunca deixamos de visitar as tendas dos museos, especialmente dos dedicados á arte moderna ou contemporánea, porque nelas, na actualidade, pódense ver libros dirixidos ao público infantil moi interesantes. Xeralmente trátase de publicacións que polas súas características –artísticas, de formato ou de contido- non terían acollida en librarías convencionais, emporiso non é doado atopalos.

Mercamos e vimos moitos que pouco a pouco iremos compartindo.

O que hoxe reseñamos está en lingua inglesa, cunha sintaxe e vocabulario sinxelo, mesmo con repeticións, que o converte en algo moi do gusto dos nenos/as.

In the forest” é un elegante libro pop-up que fala da deforestación das masas verdes. Escollémolo neste preciso intre que todo na natureza empeza a agromar, no que día a día, a través das xanelas vemos como a cor verde a a cor amarela van desprazando as cores invernais. Para que o noso alumnado se decate de que debemos coidar o medio, pois o que hoxe temos, poida que non sempre estea aí.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: