A nosa achega á educación infantil

Crowfunding ou micromecenado

In InformArte,Uncategorized on 08/04/2013 at 15:08

A nosa amiga Fátima que leva xa dous anos como mestra en St. Louis (EEUU), sempre nos está a dar ideas novas que funcionan no ámbito americano, neste caso fíxonos partícipes dunha modalidade de finanzación de proxectos –tamén educativos-: o crowdfunding, que ela recolle moi ben no seu blogue “Teaching in St. Louis“, de lectura recomendada para quen queira pasar pola experiencia da docencia no exterior.

Temos que confesar que ao ler en que consiste o crowdfunding, de súpeto pensamos que era lamentable que os mestres tivéramos que ser, ademais, buscadores de financiamento, pero deseguido caemos na conta de que era algo que sempre fixéramos, ben adheríndonos a proxectos oficiais, institucionais ou procurando axuda na contorna.

Cando un vai de visita a un colexio, sempre hai alguén que vai contando a procedencia dos fondos e “tesouros” que posúen, chegando a situacións que poden rozar ás veces o inverosímil. Pois ben, aquilo que antes de reducía ao ámbito da localidade: procura de patrocinadores para os equipos deportivos ou para publicacións, dación de fondos para a biblioteca por parte das librerías locais, rifas para viaxes escolares, sorteos, orquestras que daban concertos para recadar fondos para arranxos urxentes nos centros ou para unha ONG, etc, agora pode ter unha maior proxección.

Tamén temos falado en moitas outras ocasións de iniciativas como a do REMIDA -que abastece de recursos ás escolas de Reggio Emilia-, un centro de reciclaxe ao que as industrias locais doan os seus excedentes. Hai moitas modalidades de microfinanzamento.

Pensade que non estamos a falar só de cartos, xa que logo, ás veces interesa máis o material. Abonda recordar a de veces que nos temos desmiolado procurando adiviñar onde atopar recursos para levar a cabo un determinado proxecto. Isto pode ser unha interesante opción.

Como di Fátima, só precisamos que alguén tome a iniciativa de crear un espazo web no que publicar os proxectos educativos a desenvolver e as súas necesidades.

Non creades que incorremos na inxenuidade de non ver o negativo disto, pero chegamos a un punto no que hai que sopesar as vantaxes e inconvenientes e tirar para diante por mor do que realmente é importante: a escola e os nenos/as. Mirado en positivo, mesmo pode ser unha lección de emprendemento agora que está tan en boga a cultura emprendedora.

Advertisements
  1. Moitas grazas pola difusión. Pareceume algo moi interesante a ter en conta en tempos de crise, ainda que como todo ten o seu lado perigoso.

  2. Parabens!! Síntome orgullosa do voso éxito.
    Gústame moito o voso comentario.
    Un abrazo.

    • Benquerida e admirada Ermitas, orgullosas estamos nós de ter coñecido persoas coma ti. Sempre dicimos que somos unhas privilexiadas porque vivimos momentos extraordinarios na formación e puidemos coñecer a grandísimos/as profesionais da educación. Emporiso, o que agora facemos a través de InnovArte, no é máis ca “devolver” ao sistema o que este nos proporcionou. Bicos e contamos vernos pronto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: