A nosa achega á educación infantil

Agrupamentos de alumnado

In LexislArte on 04/04/2013 at 07:22

Agora que está aberto o prazo de matrícula, poida que sexa momento de ir abordando un tema que nalgúns centros é como un destapar a caixa dos tronos, os criterios para facer os agrupamentos de alumnado. Mesmo cómpre revisalos para quen xa os ten establecidos.

Dicimos que é un tema delicado porque por hipocrisía ou por non chamarlle ás cousas polo seu nome, hai quen, logo, ten que actuar con subterfuxios ou buscando rodeos para eludir as complicacións. Nos centros hai diversidade. Sabemos da corrección dos discursos da riqueza da diversidade, pero tamén sabemos da complexidade dalgunhas situacións, máxime cando estamos a falar de alumnado con necesidades educativas especiais. E non fai falla ser cínico, pois case ninguén se pon a dar chimpos de alegría cando lle toca un grupo moi, moi “diverso”. De modo que é un asunto que require de tempo, profesionalidade e rigorosidade no seu tratamento.

Somos das que pensamos que os grupos heteroxéneos son máis enriquecedores ca os homoxéneos, emporiso, distribucións por orde alfabética ou procurando a equidade no número non nos parece a máis adecuada. A equidade ten que ver con outras cuestións nas que ás veces o número non significa nada ou é de suma inxustiza.

Si se fai unha pescuda pola rede atópanse gran número de documentos con criterios, mesmo poderíamos facer unha diferenciación entre os centros públicos e os privados, gabándose estes de ter grupos homoxéneos: por data de nacemento, por rendemento académico, etc.

Deixamos aquí algunhas propostas para que sirvan de punto de partida en cada centro para que en base á súa autonomía organizativa adopten aqueles que máis poidan adecuarse á súa idiosincrasia, sempre e cando iso non supoña ningún tipo de discriminación e/ou exclusión:

-Segundo os datos facilitados polo Ministerio no 47% emprégase o criterio orde alfabética, e no 50% a paridade nenos-nenas. Para quen sabe de apelidos, entende do sesgo desta distribución.

-O Goberno de Canarias, estipulou non documento como realizar os agrupamentos, dando indicacións precisas de cómo formar os grupos de 3 anos, como proceder no caso de perda ou creación dunha unidade, co alumnado con NEAE, ou co alumnado de nova matrícula ao longo do curso. En calquera caso engaden un criterio que debe prevalecer sobre os suxeridos: a proposta do equipo docente, do departamento de orientación e da Comisión de Coordinación Pedagóxica.

Neste documento proponse agrupalos en 3 anos en base a dous criterios principais: a paridade e o trimestre de nacemento, atendendo tamén a unha distribución equitativa dos casos coñecidos de antemán como poden ser NEAE ou non dominio das linguas oficiais, contemplándose a posibilidade de reaxustes ao remate dese nivel.

Neste apuntan claramente a distribución do alumnado en función da súa diversidade.

E neste danlle aos grupos a consideración de provisionais durante o primeiro mes de curso, mentres non se poden apreciar as circunstancias reais que concorren e que non puideron ser detectadas/manifestadas no momento de matrícula.

Cremos que de todos eles se poden extraer ideas interesantes.

Como punto de partida deste debate que ten que darse no centro, consideramos moi recomendable a lectura deste artigo de Carme Oliver Vera, publicado en Aula de Innovación Educativa, 35, titulado “Agrupar a los alumnos ¿Ilusión o realidad?”

Non queremos pechar sen insistir na idea de que cada centro ten que establecer os seus propios criterios en función da poboación que acolle e que a equidade non consiste en darlle a todos o mesmo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: