A nosa achega á educación infantil

Raios, tronos e lóstregos

In CativArte,EncienciArte on 11/03/2013 at 17:40

Thunderstorm 12

Nas conversas desta mañá co grupo a novidade eran os comentarios sobre a tormenta eléctrica desta fin de semana. Porén quixemos aproveitar para saber algo sobre estes fenómenos meteorolóxicos e para falar sobre os medos que lle producen aos nenos e non tan nenos.

En primeiro lugar foi precisa unha clarificación terminolóxica, xa que logo teñen unha grande confusión canto a estes tres fenómenos naturais, así como unha asociación errónea –non estraña- canto á forma dos raios.

Escoitamos tronos, vimos imaxes de lóstregos, falamos sobre as súas consecuencias e precaucións a adoptar. Mesmo puidemos apreciar a súa beleza, para ilo empregamos as suxestivas imaxes da emblemática intervención de Earthwork, “Lightning field” de Walter de María no deserto de Novo México alá polos anos setenta do século pasado.


Para rematar fixemos unha representación dos lóstregos con “pintura autónoma”. Sobre unha base de cartolina cuberta de cera e posteriormente raiada, deixamos escorregar unha pinga de pintura; posta en vertical ramifícase de forma similar aos lóstregos.

Ver aquí.

RELAMPAGOS
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: