A nosa achega á educación infantil

Nenos/as teflón

In RebelArte on 11/03/2013 at 21:24

Hai uns días escoitamos por primeira vez unha nova denominación desta xeración que agora temos nas escolas que nos pareceu bastante atinada, chamáballes nenos/as teflón, aos que nada se lles pega e todo lles esvara.

Unha das singularidades do teflón é a súa impermeabilidade, algo que tamén caracteriza a estes cativos.

É certo, non podemos negalo, hai días que coincidimos con esta denominación.

Ben sabemos cal é o motivo de que sexan de teflón e da súa antiadherencia, pero ás veces hai que ser moi cabal para non perder o sentido na escola. Sempre dicimos que este non é un traballo de grandes esforzos físicos pero si dunha grande contención e autocontrol.

Pasado o momento inicial de aplaudir a ocorrencia (acuñouno o canadense Daniel Kemp), cómpre unha reflexión sobre o motivo polo que nestes rapaces nada ten efecto.

Poida que o actual sistema educativo non sexa axeitado aos seus intereses e inquedanzas –sobre isto xa está case todo dito, está asumido, pero non se traduce en cambios-; poida que a deixación de responsabilidades parentais tamén teña moito que ver; poida que toda esta tolería de actividades nas que van pasando ao longo do día tamén teña a súa parte de culpa; poida que os medios de comunicación aos que están expostos todo o día faciliten a súa anticipación ao mundo adulto sen unha adecuada vivencia da súa infancia, poida… Todas e todos os que nos dedicamos a isto sabíamos como ía acabar o conto, pero tampouco podíamos facer nada para paralo porque é un síntoma dos tempos e da sociedade na que vivimos.

Agora ben, saber do que adoecen, tennos que dar as pistas para a nosa intervención desde a escola.

O pasado sábado tivemos a fortuna de escoitar a Angélica Sátiro no XXV Encontro de Filosofía para Nenos en Sanxenxo. Nunha conferencia maxistral artillada arredor das sinfonías nº 9 de Beethoven, Schubert, Mahler e Dvorak, foi debullando o que é pensar, as habilidades de pensamento –unha cartografía da paisaxe interior- e o pensar sinfónicamente.

Se a traemos agora aquí, ao fío da reflexión sobre os nenos teflón é porque poida que o que ela expuxo sobre as habilidades de pensamento sexa o que hai desenvolver na escola como antídoto a esa desidia infantil. A isto dedicarémoslle outra entrada.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: