A nosa achega á educación infantil

Éxodo cara as escolas unitarias

In RebelArte on 11/03/2013 at 19:45

Huellas en el mar

Nestes días de conversas con coñecidos xurdiu en varias ocasións un tema que non nos sorprende: o éxodo cara as escolas rurais.

Dáse de tres formas pero todas elas vai supor unha revitalización das escolas unitarias.

1º Pais e nais residentes en pequenas vilas satélites das cidades que se decantan polas escolas unitarias para escolarizar aos seus fillos e fillas. As razóns que esgrimen: menor ratio, trato personalizado, menor masificación dos centros e mellores relacións familia-escola.

2º Pais e nais residentes nas cidades que por mor da crise volven as aldeas de orixe das súas familias. É un goteo que aínda non se está a notar significativamente nas escolas pero vai en aumento.

3º Mestras e mestres de infantil que, fartos das esixencias e burocratización dos macrocentros, piden traslado para as escolas unitarias, na procura dun ritmo de traballo máis respectuoso cos tempos dos nenos/as, dunha menor ratio e dunha volta á esencia do traballo docente a día de hoxe afogado entre milleiros de papeis, protocolos, festexos e reunións infrutuosas.

Como se pode ver no caso das familias que elixen esta opción atopámonos con dous tipos: as de escasos recursos económicos, e as que cunha certa solvencia priorizan outras cuestións por enriba das vantaxes dos grandes centros. O que os diferenza é que estes últimos, tómano como algo temporal e preocúpalles o non conseguir no futuro praza para os fillos nos centros referenciais urbanos nos que lles gustaría que desenvolveran o ensino primario e secundario.

No caso dos docentes que optan por unha praza nunha escola unitaria tamén nos atopamos con dous tipos: os que o toman como unha opción profesional trala experiencia noutros grandes centros –pola súa puntuación adoitan estar en destinos moi achegados a vilas ou cidades-, e os noveles que non lles queda outra que elixir esas escolas que, por afastadas, non as quere ninguén.

Nos tres discursos aparecen as mesmas razóns dadas desde unha perspectiva ou outra: menor ratio profesor/alumno, atención personalizada, ritmos acordes coas idades dos nenos non sometidos ás tiranías dos timbres, máis relación e menos pantomima. Velaquí os indicadores de calidade dunha escola infantil.

Se nos anos 70 houbo un peche das escolas rurais, e daquela se consideraba signo de progreso ir aos centros de EXB comarcais, a día de hoxe a percepción é ben distinta. As escolas unitarias contan case con máis recursos e apoios ca os centros de referencia, e ao tempo, suman entre as súas vantaxes un menor número de alumnado, que aínda de idades diferentes facilita a interacción entre iguais.

Como apuntábamos ao inicio, alégranos esta visión, máxime nestes días previos a que se abra o prazo de solicitude de matrícula na que todo se reduce a chamadas telefónicas de pais/nais preguntando polo horario de apertura do centro (7:30-21:30), ou polas actividades e servizos que oferta (dato curioso: ninguén pregunta polo proxecto educativo). Como dicimos, alégranos esta opción en tempos nos que ao abrir os xornais se ve media páxina dedicada á publicidade de centros infantís 0-3 e 3-6 nos que chupan o biberón cun iPad na man realizando xogos “educativos” en inglés acompañados de música dos grandes clásicos, para logo mergullarse en piscinas desde as que poden velos os seus proxenitores a través das webcam ás que se conectan desde os seus sofisticados smartphones, dos que ser pusuidores supón máis horas de traballo e menos de ver aos fillos.

É bastante improbable que se volvan a abrir todas as escolas rurais que se pecharon nos últimos anos, pero tamén é posible que con este movemento se eviten novos peches.

Para unhas familias é unha saída, para outras unha opción, ao igual que para os mestres, pero para as escolas e para as aldeas é unha ocasión que non deben desaproveitar.

  1. Pois si, no meu cole un pai enviou un correo preguntando polo proxecto educativo!! antes de tomala decisión de solicitar a praza para o seu fillo o vindeiro curso. E tan raro que nos fomos os primeiros sorprendidos.

  2. Totalmente dacordo punto por punto. Eu traballo nunha escola unitaria (bueno, nun CRA) e son un claro exemplo do que vides comentando: o ano pasado matricularonse 3 nenos e este ano xa conto con 11!!! Que alegría!!!

  3. […] volver o meu cole e gústame este blogue que fala de coles coma o meu e de bos mestres: […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: