A nosa achega á educación infantil

De roda en roda

In MusicArte on 04/03/2013 at 08:08

Velaquí unha desas iniciativas das que tanto gustamos. “De roda en roda. Músicas e danzas do mundo”, un libro CD/DVD que, segundo os seus autores, pretende ser un proxecto divulgativo sobre as músicas e danzas tradicionais de diversas partes do mundo.

A nosa amiga Pilar Sampil, unha das autoras e xerente da editorial Galaxia, hai tempo que nos tiña comentado da súa afección polas danzas populares, motivo polo cal se xuntaba cun grupo de amigos da asociación Monteira cos que gozaban bailando e compartindo as danzas que saben ou que van aprendendo en cursos, festivais e festas populares dende Galicia ata Escocia o Grecia (ou máis alá), e así se nos explica ao comezo da obra.

O principal obxectivo de “De roda en roda” é revitalizar a danza tradicional, para que, en vez de ser un espectáculo contemplativo, se troque nun acto máis participativo, como foi noutras épocas. Fronte á homoxeneización cultural moderna, queremos dar conta da diversidade musical e de danzas que o ser humano xerou, e continua a xerar, nas múltiples tradicións culturais existentes, así como compartir un xeito de relacionarnos san e divertido. Sentimos que algo tan valioso debería ser coñecido polo meirande número de persoas posible para o seu goce, independentemente da súa idade ou habilidade. Está aí, coma o sol e temos unha opción moi doada de sentilo. (…)

O círculo a roda, é unha figura universal na danza que simboliza moi ben o que queremos expresar. Podemos viaxar en roda polo mundo, participando en festas tradicionais que aínda sobreviven en moitos países, ou podemos bailar aquí mesmo, nos seráns, cos amigos, nas festas populares, nos centros de ensino, nos campamentos de tempo libre, con nenos ou nos locais da terceira idade…, en calquera espazo no que conflúa un grupo de xente ao que lle guste bailar coa xente, e non para a xente.

Para ilo, seleccionaron vinte e unha danzas de vinte e unha tradicións populares, cun nivel de habilidade preciso para a súa aprendizaxe, accesible. Cada unha delas acompáñase coas explicacións sobre os bailes, con detalles sobre a súa orixe, as indumentarias e a melodía. Feitas as gravacións musicais, tratando de respectar no posible as músicas orixinais e os instrumentos empregados, logo fíxose a gravación en vídeo con Monteira, para que así poidamos facernos unha mellor idea dos movementos e acenos da danza.

Moito llelo agradecemos mestras coma nós que non imos máis alá de “El patio de mi casa” pero que sabemos do gusto dos nenos/as por este tipo de xogos/danzas, e que lamentamos que repitan coreografías de moda con acenos obscenos, groseiros, de escasa beleza e harmonía.

Bos momentos nos fixo pasar xa na aula.

Será un éxito, porque dicimos o de sempre, é unha desas iniciativas que nace do amor por algo e do gusto por compartilo cos demais.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: