A nosa achega á educación infantil

O Soño de Mateo. A creación do Pórtico da Gloria

In ContArte on 14/01/2013 at 06:00

Mateo

Nestes días de agasallos, chegou ás nosas mans o álbum ilustrado“O soño de Mateo”, unha emocionante aventura que nos transporta ao universo de imaxes fantásticas que xorden na mente do futuro creador do Pórtico da Gloria.

Co “O soño de Mateo”, a Fundación Barrié persegue a consecución de dous obxectivos fundamentais: fomentar e difundir o coñecemento do patrimonio histórico-artístico entre os máis novos, e, ao mesmo tempo, contribuír á concienciación sobre a importancia da súa conservación. Da man do mozo Mateo, os lectores embárcanse nunha viaxe a través dun mundo misterioso cuxos secretos revelaránselles aos poucos, proporcionándolles as claves para entender os significados desta obra cume do Románico. Á expresividade e beleza dos debuxos de Rodrigo Chao únese o texto evocador e poético de Francisco Prado, enriquecido con metáforas impactantes e alusións a grandes obras da literatura como “A Odisea” de Homero e “A Divina Comedia” de Dante.

Acompañado de anexos históricos e fotográficos, “O Soño de Mateo” ofrece unha experiencia única para que os xóvenes lectores penetren nos significados do Pórtico, á vez que aprenden as conexións entre a lectura, a imaxinación e a creatividade, entre a arte como forma de expresión persoal e como fonte de coñecemento, así como os valores do estudo, o esforzo, a tolerancia e a apreciación do patrimonio cultural.

Na súa formulación didáctica, “O Soño de Mateo” atopa a súa inspiración nas mesmas virtudes que fixeron que o Pórtico da Gloria consiga cativar a espectadores de todas as idades durante séculos, xa que, do mesmo xeito que esta gran obra, o libro pretende ser á vez accesible e profundo, apelando ás emocións e ao intelecto, ao espíritu e á mente. É, por iso, unha obra dinámica que non se esgota nunha primeira lectura senón que impulsa aos nenos a volver a ela, e volver ao Pórtico, para descubrir novas dimensións, aprendendo a sentir o patrimonio como algo seu, sabendovaloralo, protexelo e conservalo para xeracións futuras.

Deixámosvos aquí o vídeo de presentación deste álbum, que sen duda será de proveito para xóvenes e adultos. O noso agradecemento para quen nolo fixo chegar.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: