Centros Aeiotü

Grazas á profesora da USC Lina Iglesias Forneiro soubemos da existencia dunhas escolas infantís en Colombia que seguen o modelo de Reggio Emilia, os centros Aeiotü, creados por iniciativa da ONG La Fundación Carulla que persegue como obxectivo a transformación do país a través da infancia, centrando as súas actuacións nos cinco primeiros anos de vida dos nenos/as, determinantes do posterior desenvolvemento físico, social, emocional e cognitivo.

No seguinte vídeo institucional podemos ver como os centros Aeiotü nos que acollen a nenos de familias con altos ingresos, subvencionan centros noutras zonas desfavorecidas (o que en Colombia supón o 68% das crianzas de 0-5 anos), ou que cada neno favorecido subsidia a outros dous nacidos en peores condicións sociais. No futuro pretenden acadar unha cobertura educativa de 15.000 postos involucrando a máis de 1000 educadores, para o que establecen alianzas con institucións públicas e privadas, replicando os centros Aeiotü baixo un modelo de franquicia social.

Unha iniciativa senlleira de calidade que pretende o empoderamento da infancia.

1 Comment

  1. Olá, boa noite!

    Peço um telefone para contato, escrevo do Brasil, sou educadora e sócia numa empresa de formação e viagens pedagógicas, chamada Pedagogia Subjetividade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s