A nosa achega á educación infantil

Peche do ano

In RebelArte on 22/12/2012 at 09:35

IMG_5368

Segundo unha antiga tradición popular galega, na noite de fin de ano, os aldeáns vareaban con saña as árbore froiteiras, para así asegurar mellores colleitas na vindeira tempada.

Non sabemos da efectividade de tal acto primitivo que agora nos parece de salvaxismo e de falta de respecto á natureza, o que si sabemos é que a nós, o colectivo docente, sen esperar á fin de ano, xa non nos colle un golpe máis no corpo. Este 2012 que pronto se pecha será recordado por todos como o do repudio da educación e dos seus principais axentes, mestres e profesores; o ano da nosa culpabilización por todos os males sociais, motivo que xustificará que se teñan que adoptar con nós métodos moito máis persuasivos.

Aínda está por ver se daremos máis e mellores froitos con este xarope de pau, pero indubidablemente as árbores reséntense. De non haber mellora, sempre quedará a drástica opción de cortalas polo pé e plantar no seu lugar híbridos deses feitos á presa, producidos por cruces xenéticos no laboratorio; deses que cando comamos os seus abondosos, previsibles, programados, perfectos, lustrosos e renxentes froitos, farán que nos lembremos con nostalxia dos imperfectos froitos das árbores vellas. Como xa aconteceu noutras moitas ocasións, poida que, pasado un tempo, detrás dixo veña unha liña de subvencións para recuperación das árbores autóctonas e dos sabores do pasado, que logo acadarán altos prezos no mercado. Isto non é máis ca un xogo económico no que saen favorecidos os que se moven nos niveis macro e desfavorecidos os dos niveis micro. É o de sempre, un ciclo, unha roda que sempre volve ao mesmo punto.

Sabendo iso de antemán, poida que o máis intelixente fose non varear as árbores, quizais podarlle as ramas podres, sanearlle as raíces, cicatrizarlle os cortes, sacarlle os “chupóns”, sacharlle a terra ao seu carón para osixenalas, abonalas, protexelas das pragas, coidar con mimo e esperar a que lles chegue o momento de dar os froitos, agradecendo a súa diversidade e imperfección, valorando a súa esencia única e irrremprazable, e comprendendo que hai anos nos que os elementos que non controlamos poden derramar a colleita, o que non converte á árbore en culpable.

Os limóns da imaxe son dun limoeiro moi vello que este ano nos sorprendeu cunha abondosa produción -malia que as condicións non foron óptimas-, pero un refacho de vento do último temporal deitouno no chan aínda que por sorte non chegou a tronzalo polo pé. Os imponderables sempre lle afectan máis aos mellores exemplares, parece que aos ruíns nin lles tocan. Agora sabemos que pasaremos tempo tratando de endereitalo de novo, teremos que estearlle as raíces, achicarlle as ramas, coidalo, e aínda así, -se non seca-, tardaremos en volver a velo esplendoroso dando os seus mellores froitos. Mentres tanto, bos serán os froitos cativos, porque nos indicarán que aínda lle corre a savia por dentro.

Por suposto, non estamos a falar de agricultura.

Boas vacacións a todas e todos os que nos seguides. Contamos seguir compartindo colleitas no 2013.

Advertisements
  1. Boas e merecidas vacacións para vós tamén. Grazas pola dificil labor que facedes.Grazas polas vosas aportacións á mellora das nosas escolas. Grazas por taballar por un futuro mellor. Próspero 2013.

  2. Pasousenos… o non, hai outra tradición que dí que é bo cravarlle puntas de ferro, espero que non cheguemos a tanto!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: