A nosa achega á educación infantil

“El último día de otoño”

In ContArte on 20/12/2012 at 07:31

Mañá, 21 do 12 do 2012, ás 12:12 será o inicio da estación do inverno, porén hoxe é o último día do otono.
Non é asunto doado explicarlle ao noso alumnado estas transicións estacionais, cando non hai unha diferenza obvia entre a estación que se pecha e a que se abre. Aquí nesta zona de Galicia non é algo que se evidencie coa claridade que precisarían para entendelo. Danse cambios sutís e paulatinos.
Tendo que recorrer a estereotipos sobre as estacións, gustounos a colección de libros “El último día de…” de Edebé, distinguida co Premio Lazarillo 2004.
El último día del otoño” é un álbum impresionista, tanto polas ilustracións coma polo texto, entre as que se aprecia unha perfecta comuñón, xa que logo o ilustrador e o autor, Adriá Gódia, son unha mesma persoa. Hai un uso das pinceladas de cor que fai que os pequenos reparen no tránsito das cores ocres cálidas ás azuis/verdosas máis frías que representan o cambio estacional.

Os protagonistas deste lírico álbum son dous pequenos raposos que se preguntan que é o inverno, mentres escoitan o canto da curuxa que repite:
El lirón ya duerme, nada florece. / El sol ya no calienta, la hierba no crece. / Todo está en silencio, ha llegado el invierno.”
Á volta de vacacións trataremos de comprobar se aquí no inverno, acontecen as mesmas cousas ca no libro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: