Preguntámoslle ao noso alumnado cando chegaba o Nadal, a resposta dunha nena púxonos a pensar devagar cando dixo “Cando empeza a nevar”, porque así o vira na televisión. Supoñemos que o influxo do que ven, (postais, adobíos, murais, imaxes…) levou á nena a tal conclusión. Nadal e neve é un tándem que se activa ata onde non neva, como aquí.
Nós temos a xeada que nos deixa imaxes invernais igual de fermosas, pero máis nosas. Así que nos dedicamos a observala estes días. Así, cando decidimos facer postais para felicitar aos seus achegados, quixemos reflectir as nosas paisaxes xeadas.
Unha amiga agasalláranos cun catálogo de papeis de empapelar paredes cunhas texturas extraordinarias, dos que agora botamos man. Con ramiñas de ciprés previamente prensadas, e unha mestura de cola branca e témpera logramos un efecto moi real. Ata nos permitiu facer unha “copia” da mesma (traballo simetría).
E velaquí os resultados.
![]() |
Postais xeadas_3A |
![]() |
Postais xeadas_4 |
![]() |
Postais _Naturais_5C |