A nosa achega á educación infantil

Cabazas espiñosas

In EncienciArte on 14/12/2012 at 08:07

Agasalláronos cun cesto de fermosas chayotas, tamén coñecidas como cabazas espiñosas, papaspobres ou papas do aire. Un froito dunha planta rubideira da familia das cucurbitáceas (como as cabazas), que nalgúns lugares de Latinoamérica se consume do mesmo xeito que as patacas, de aí o seu nome.

Pensábamos gardalas para plantar na primavera, e así ver como nacen as plantas directamente dun froito, xa que logo, noutras ocasións temos visto a reprodución por escallo, por semente, por folla, etc. Pero vese que se atoparon a gusto na nosa aula que algunhas xa empezaron a xermolar e a medrar a un ritmo de 2-3 cm por día (son como as fabas máxicas); para cando acaden máis altura non sabemos que faremos con elas, pois precisan ter un emparrado.

Isto deunos pé a falar co noso alumnado das necesidades vitais das plantas, e mesmo a facer probas privándoas dun deses elementos: auga, luz ou calor, e ver se así xermolan igual. Preparamos unha grella para facer o seguimento e logo poder tirar conclusións.

Un agasallo da natureza para o coñecemento dos nenos e nenas.

Ver presentación.

Chayotas
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: