A nosa achega á educación infantil

Grazas a Jaume Carbonell por CP

In InformArte on 26/11/2012 at 07:45

Cóllenos por sorpresa a despedida de Jaume Carbonell de Cuadernos de Pedagogía.

Para nós, ao igual que para un incontable número de docentes, esta publicación periódica, foi a nosa biblia de renovación didáctica. Esperábamos con ansiedade cada novo número que saía, entre outras moitas razóns, pola editorial de Jaume Carbonell quen, coa súa mirada intelixente, analizaba, comentaba, criticaba e anticipaba sobre todo tipo de cuestións educativas.

Confiamos en que CP seguirá sendo unha das nosas lecturas e en que poderemos seguir sabendo do que ata o de agora foi o seu director por outras moitas colaboracións, publicacións, artigos e foros. Pero tamén consideramos que é de xustiza facer público o noso agradecemento á labor desenvolvida e que tanto nos supuxo profesionalmente. A primeira vez que escoitamos a Carbonell non nos decepcionou: o seu discurso, o seu ton e a súa actitude coincidían con aquilo que xa intuíamos del, e isto é algo que non sempre acontece. A súa crenza firme e defensa da necesidade dun ensino público de calidade, concorda co seu talante. Visitante incansable de escolas e de mestres que non tiran a toalla, ao longo destes anos quixo amosarnos o mellor que se está a facer nos centros educativos.

Como non podía ser doutro xeito, despídese facendo balance de 38 anos de traballo; recorda que nas últimas tres décadas coñeceu a 15 ministros e 4 ministras de educación, portadores todos eles de cadansúa reforma e ocorrencia educativa no peto, producindo esta “insensata avalancha lexislativa das sete reformas que presenciou”, das que algunhas supuxeron avances significativos, e desafortunadamente, “outras unha clara involución”. Xa ten reclamado noutras ocasións un pacto político que blinde a educación impedindo que siga a mercé dos caprichos e veleidades do político de turno.

Como imaxe desta entrada dedicámoslle o Faro de Punta Nariga na Costa da Morte, para nós un dos máis fermosos faros de Galicia, obra de César Portela, que se atopa a 50 metros por enriba do mar e a súa luz, a 28 metros do chan, pode ser vista a 22 millas (41 km). Deseñado con forma de barco de granito, na súa quilla un Atlante de bronce do escultor Manolo Coia, que coma Jaume Carbonell, suca impertérrito polas augas incertas.

Seica somos froito do que lemos, porén, na nosa feitura profesional hai moito de Jaume Carbonell, non hai máis ca mirar a presentación de InnovArte Infantil para atopar unha cita del cunha definición sobre o que é a innovación educativa, que nós temos sempre presente e tratamos de non traizoar. Por todo iso, e por moito máis:

Adeus e grazas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: