A nosa achega á educación infantil

Bicos de música

In MusicArte on 26/11/2012 at 07:46

O venres presentouse na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela o libro-DVD “Bicos de música”. Como diría un crítico musical, temos aquí un novo traballo ao máis puro estilo e co inconfundible son Mamá Cabra.

Dez novas cancións, cuxas letras se recollen no libro ilustrado por Kristina Sabaite, un CD cos temas cantados e un CD con dez temas cantados e dez pistas só coa música e os coros para cantar por riba e máis un DVD con karaoke e vídeos no que se segue un día completo na vida do grupo, que agora serán emitidos a diario pola TVG no Xabarín Club.

Cancións de creación propia, outras adaptacións de cancións tradicionais e populares, así como un poema de Helena Villar Janeiro, que nos falan da natureza, das estacións, da alimentación saudable, da educación viaria, das emocións, e dos sentimentos.
Na presentación, Pilar Sampil, xerente da editorial Galaxia, recordaba a súa experiencia como nai cando hai anos buscaba cancións infantís en galego, ata que, no medio daquel aburrido panorama melancólico-folk, descubriu a Mamá Cabra coa súa alegría musical que chega aos nenos, coma os que o venres cantaron, choutaron e seguiron con onomatopeas ou coreografías as novas e vellas cancións do grupo.

Advertisements
  1. Hola: si me mandáis una dirección postal os enviaré un ejemplar de nuestra revista y de las cosas que vayamos haciendo. Sigo con entusiasmo vuestro blog. ES UNA HERMOSURA. Un abrazo,
    Jesús Merino

    • Benprezado Jesús, canto nos alegramos de saber de ti, e de que o noso blog conte coa túa consideración. Isto hónranos máis do que podes pensar. Ben sabemos dos amigos que temos pola ría de Arousa, e do moito que facedes pola educación con sentido. Por suposto que estaremos encantadas de recibir a vosa revista e dos grandes traballos froito dese grupo de filosofía para nenos que é todo un referente, tanto a nivel da nosa comunidade como nacional. Beizóns para todos os membros do grupo e o noso agradecemento. Ata máis ver.
      Se queres podes mandárnolo á miña atención a EEI Milladoiro, Travesía do Porto s/n, 15895-Milladoiro (Ames), A Coruña.
      Ángeles Abelleira

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: