Nós non imos facer nada especial na clase para conmemorar o día dos Dereitos dos Nenos, pola sinxela razón de que é algo que cremos debemos traballar cada un dos días que estamos xuntos: co exemplo, co trato que lles dispensamos, coa maneira na que os estimulamos fomentando a súa autoestima e conciencia dos outros.
Así que nin carteis, nin exposicións, nin grandes declaracións, nada … Nada máis e nada menos que co exercicio diario dos dereitos.
Hai tempo que temos na clase un libro que sempre nos axuda a suscitar algunha conversa da que tirar moito proveito. Trátase de “Érase otra vez un bosque”, publicado por Intermon Oxfam, no que a través dunhas fermosas ilustracións moi planas, se nos amosa un escenario, un bosque, no que os seus habitantes mostran total intransixencia cara calquera “intruso” diferente a eles.
Un máis para abordar esas cuestións que deben estar presentes na aula no día a día, non só un día ao ano.