A nosa achega á educación infantil

Follaxe de papel

In CativArte on 05/11/2012 at 08:09

O uso das tesoiras é unha das cuestións sobre as que hai maior discrepancia entre as profesionais de infantil. Hai quen non as permite na aula, hai quen só lles deixa unhas de plástico absolutamente frustrantes e hai quen emprega unhas normais de pequeno tamaño. Nos anos que levamos en infantil xa nos ten acontecido de todo coas tesoiras: que corten os mandilóns ou o pelo (propio ou alleo),  dedos e mesmo orellas! Pero iso non é razón para deixar de empregalas, xa que logo, para eles é unha das actividades máis satisfactorias (case máxicas) tanto polo proceso coma polo resultado, amén de todas as bondades que se queiran dicir desde o punto de vista psicomotriz.

Recortar é debuxar, trazar, facer simetrías, imaxinar e fantasiar, polo cal non cremos deba privárselle aos nenos desta actividade, tan só recordarlles centos de veces o que se pode e o que non se pode cortar. E por suposto ter presente que recortar é desenvolver a creatividade, non facer rutinariamente todos o mesmo ao mesmo tempo.

Nós agora, inspiradas pola obra de Julie Dodd, estamos a facer composicións de follas de outono que logo expoñemos xunto con algunhas outras follas naturais que lles serven de modelo. Recomendamos visitar o web da artista  e ver algunhas das súas instalacións.

Advertisements
  1. Pois sí que hai discrepancias co tema das texoiras pero ¿as introducides no primeiro trimestre de nenos de 3 anos?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: