A nosa achega á educación infantil

Situación actual da Atención Temperá en España

In ActualizArte on 31/10/2012 at 12:10


Nalgunha ocasión temos constatado as diferenzas entre os servizos de Atención Temperá das distintas comunidades autónomas, mesmo as discrepancias entre as valoracións do grao de minusvalía de certos rapaces para que así poidan ser usuarios destes servizos. Algo grave pero real, moi na liña de todo o que está a acontecer en case todos os ámbitos sociais: fanse as leis e as trampas aparecen case ao mesmo tempo para salvar os impedimentos e limitacións que marcan as normas. En calquera caso, cando recibimos nenos/as con necesidades educativas especiais procedentes doutras comunidades, sempre tratamos de indagar a atención que recibiron o que nos permite a nós e aos seus pais aprezar as diferenzas de prestacións; isto ao noso entender é de grande interese para centros coma nos que traballamos que acollen a un número significativo de alumnado procedente doutras comunidades e/ou con necesidades educativas especiais.

Agora, dispoñemos dun estudo que nos dá unha panorámica de  “La realidad actual de la atención temprana en España. Trala publicación, hai xa uns anos, do “Libro Blanco de la Atención Temprana”, no que nos facían saber a necesidade deste servizo como público e de balde, agora a Federación Estatal de Asociaciones de Profesionales de la Atención Temprana quixo realizar un estudo máis completo que permitira reflexionar e valorar aspectos cuantitativos e cualitativos da mesma, establecendo comparacións e extraendo conclusións para a mellora da atención temperá.

Recomendando a súa lectura, tan só queremos salientar a gran diferenza que se dá entre as 17 comunidades autónomas e a tendencia a retirar esta prestación cando os nenos/as inician a escolarización entendendo que debe ser asumida polos equipos de orientación dos centros, algo que non compartimos xa que logo entendemos son complementarios non excluíntes.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: