A nosa achega á educación infantil

Organización dunha aula de 5 anos

In InformArte on 29/10/2012 at 07:57

As aulas de infantil son o que son, 50 metros cadrados e nese espazo temos que acomodar a 25 nenos/as e procurarlle oportunidades para o seu desenvolvemento físico, afectivo, cognitivo, autonomía e relación. Non é cuestión doada, máxime atendendo a que ás veces a súa estrutura limita moitas posibilidades.

Nas escolas italianas insistíanos na idea do espazo e a súa configuración física como elemento educador, porén nunca paramos de reorganizar a aula na procura dun mellor aproveitamento. (Ver fotografías)

Fai dous cursos publicáramos as imaxes de como estruturáramos a aula para acoller a nenos e nenas de 3 anos, agora con 5 as necesidades son distintas polo que volvemos a darlle unha volta; se ben antes dispúñamos de máis zonas de xogo, agora precisamos máis zonas de traballo.

Elimináronse as mesas e substituíronse por dous tableiros que son moito máis funcionais, zona de biblioteca, zona de ordenador, un espazo para escoitar música e cantar, un recanto tranquilo de descanso e intimidade (un armario de obra reconvertido), zona de pintura e de traballo plástico, todo ao seu acceso autónomo; mesmo no cuarto de baño hai unha organización pensada para un mellor aproveitamento, ata para o almacenaxe das botas de goma que este curso lles pedimos para así poder disfrutar mellor dos recreos incluso nos días de chuvia.

Non é unha cuestión de decoración, non se pode confundir decorar con organizar entendendo a aula como un espazo de aprendizaxe.

Sabemos que non é a definitiva; non pode selo porque as necesidades van cambiando, os nenos/as van medrando e cos proxectos que vamos desenvolvemos xorden novos requirimentos. Sempre debemos estar analizando e avaliando a adecuación do ambiente de aprendizaxe para que lles proporcione experiencias ricas de sentido.

Para saber máis recomendamos a lectura de:

-“La organización del espacio del aula en infantil. De la teoría a las experiencias básicas”, coordinado por Dolores Madrid Vivar e Mª José Mayorga Fernández, publicado en Octaedro no 2012.

-“Observación y evaluación del ambiente de aprendizaje en educación infantil: dimensiones y variables a observar”, artigo de Lina Iglesias Forneiro.

-“La organización de los espacios y del tiempo. Criterios para una adecuada distribución y organización espacial y temporal. Ritmos y rutinas cotidianas. La evaluación de los espacios y del tiempo”, de Rocío Pontiveros Gómez.

Aula de 5 anos

Aula 5_Isa

Aula 4 anos

Aula4_Sandra
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: