A nosa achega á educación infantil

Facendo grupo

In CativArte on 17/10/2012 at 06:15

Unha das cousas que máis custa cunha nova promoción é facer grupo, é dicir, que se vaia desenvolvendo ese sentido de pertenza a un pequeno colectivo co que conviviremos xuntos ao longo de tres anos académicos. A aceptación das diferenzas, das características, dos puntos débiles ou das bondades é un traballo que hai que mimar día a día, non se pode esperar a que aflore de seu.

Ata o de agora non fóramos quen de facer unha proposta artística colectiva, pero onte veunos a idea da man do exquisito blog Mirades, onde a compañeira Teresa Bardera vai publicando propostas non vistas. Alí descubrimos ao artista performance Tony Orrico que fai coma un espirógrafo humano.

Velaquí a nosa interpretación a cor, de pé e colectiva. A primeira produción conxunta na que todos e todas teñen a súa parte, pola que están marabillados de facer círculos tan ben feitos.

Ver presentación

Espirográfo
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: