A nosa achega á educación infantil

Cando eu nacín

In ContArte on 08/10/2012 at 06:49

Cando eu nacín nunca tiña visto nada. Só o escuro, moi escuro na barriga da miña nai” (páxina en negro agás a tipografía en branco). Pouco a pouco irase facendo a luz e chegando a cor, “un mundo por estrear”.

A primeira vez que tivemos entre as mans o fermoso libro de Isabel Minhós, “Quando eu nascí” publicado orixinalmente en portugués por Planeta Tangerina, desexamos que unha editora galega ou española o traducira, xa que logo é un dos albumes más belos que temos visto, nunha perfecta comuñón entre o lirismo do texto e as ilustracións de Madalena Matoso.

Agora, desde xaneiro podemos atopalo traducido ao español por Intermón Oxfam, e quixemos reservalo para un comezo de curso, porque este libro é coma un ir descubrindo a ledicia de chegar ao mundo, e ir gozando con aquilo que podemos ver, gorentar, ulir, tocar ou ouvir e do que nunca antes soubéramos nin que existía.

Este libro é unha festa á vida, ao feito de estar vivo e de medrar cada día descubrindo unha nova cousa.

“Cando eu nacín non sabía case nada. Agora polo menos unha cousa xa deprendín. Aínda hai un mundo enteiro por coñecer, millóns e millóns de cousas e lugares onde as miñas mans nunca chegarán. (…) Mais unha cousa tamén é certa. Todos os días descubro un anaquiño. E iso é a cousa máis fantástica que hai.”

É doado imaxinar as posibilidades que nos brinda para o traballo na aula: nós imos ir construíndo un libro persoal no que vaian recollendo aquelas descubertas que fan grazas aos seus sentidos.

Planeta Tangerina é para nós unha editora referencial en Portugal, cun catálogo exquisito do que xa iremos dando conta aquí, ademais intuímos saben rodearse dun extraordinario equipo didáctico, non hai máis ca botarlle unha ollada ás propostas educativas que acompañan cada unha das súas publicacións. Esta é a súa web, o seu blog e tamén podedes seguilos desde Facebook.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: