A nosa achega á educación infantil

Lecturas filosóficas de fondo de biblioteca

In ContArte,EmocionArte on 24/09/2012 at 06:55

Este verán mercamos nunha librería de París unha colección de libros filosóficos dirixidos aos máis pequenos, descoñecendo que algúns deles xa podíamos atopalos traducidos en español polas editoriais Océano e SM.

Trátase da colaboración de Oscar Brenifier, filósofo francés a quen coñecemos hai varios anos nos “IV Encontros de Infantil”e de quen xa temos falado neste blog, e do ilustrador Jacques Després, quen como se pode ver deseguido, fai un alarde de creatividade cunhas ilustracións propias da animación audiovisual.

Uns libros que cómpre ter de fondo de biblioteca, inicialmente dirixidos a nenos de máis idade pero que sen forzar situacións podemos empregalos en infantil cando xurda a ocasión.

Fixémonos con:

– “El amor y la amistad”, un libro que mostra a grande diversidade de significados do amor. Hai quen pensa que a amizade pode nacer e desaparecer nun só instante, outros opinan que unha amizade verdadeira dura toda a vida… Non hai unha única resposta para as grandes preguntas da vida. Non existe só unha forma de pensar. Cadaquén debe buscar, elaborar e construír a súa propia. Doce ideas sobre o amor e a amizade. Ver algunhas páxinas.

 – “El sentido de la vidaun libro que nos leva a pensar nas cousas que lle dan sentido á nosa vida. Non existe unha única resposta ás grandes preguntas sobre a vida. Non existe unha única forma de pensar. Cadaquén debe descubrir, buscar e construir a súa… Neste libro preséntanse doce ideas sobre o sentido da vida. Algúns pensan que a vida é sempre igual, e outros que cada día é diferente. Para algúns a vida é un xogo, e para ouros, é do máis complicado. Ver algunhas páxinas.

– “¿Contrarios? Un libro para ejercitar el arte de pensar”, un libro para propiciar o pensamento e estimular o diálogo sobre os temas fundamentais. Ver algunhas páxinas.

– “El bien y el mal”, unha excelente introdución ao mundo das ideas. Algúns cren que o ben é natural no ser humano. Outros pensan que facer o ben require dun esforzo. O certo é que non hai unha única resposta para as grandes preguntas da vida. Neste libro contrástanse doce ideas sobre o ben e o mal. Ver algunhas páxinas.

– “La cuestión de Dios”, un libro onde se contrastan doce ideas moi diferentes sobre Dios. Ver algunhas páxinas.

– “Ni sí ni no… Un libro para entender los grandes contrarios del pensamiento

– “El libro de los grandes opuestos psicológicos”, unha fermosa introdución á diversidade.Desde a infancia convivimos con persoas que se parecen a nós e con outras que teñen un carácter claramente diferente. Existen os que son serios e os alegres, os simples e os complicados, os expresivos e os discretos… Pouco a pouco, descubrimos que detrás desa aparentemente sinxela clasificación se agochan personalidades e matices máis complexos. Unha introdución para entender a psicoloxía das persoas coas que convivimos a diario e a de nós mesmos. Ver algunhas páxinas. Un libro que ninguén debería deixar de ler.

Como dicíamos ao comezo, unha colección para incluír nas bibliotecas de centro.

Advertisements
  1. Ánxeles, que delicia que comecedes o curso con esta enerxía co dificil que é sobrevivir nestes tempos. O meu recoñecemento e admiración. Bicos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: