A nosa achega á educación infantil

Premios Francisco Giner de los Ríos 2012

In PremiArte on 18/09/2012 at 06:57

O día 17 de xullo   publicouse no BOE a XXVIII convocatoria de Premios Francisco Giner de los Ríos a la mejora de la calidad educativa, os máis prestixiosos galardóns educativos en España.
Contan cunha dotación económica á altura do esforzo que realizan aqueles que desenvolven as experiencias educativas máis innovadoras. Isto é algo moi importante porque hai que poñer en valor o esforzo e a dedicación; os galardóns importan, pero na sociedade que vivimos, ben sabemos que o valor das cousas sempre se asocia ao seu custe. Daquela 24.000€ para o premio especial do xurado e 15.000 para cada un dos sete restantes distribuídos entre todos o niveis de ensino non universitario. Os Premios Francisco Giner de los Ríos son un referente a nivel estatal e promóveos o Ministerio de Educación Cultura e Deporte e maila Fundación BBVA.
Temos falado aquí de que hai que poñer en valor a educación, o traballo dos docentes, e non dicimos que sexa a única maneira de facelo, pero estes recoñecementos axudan, e aínda axudarían máis se fosen retransmitidos polas canles de comunicación. Faino o cine, faino a televisión, fano os músicos, os cociñeiros, e por que non os docentes? Que podería supoñer que en horario de maior audiencia se emitiran uns premios aos mestres e profesores dos fillos de calquera dos telespectadores e se lle explicara á audiencia o motivo polo que foron galardoados? Ao noso entender, sería unha maneira de poñer en valor o feito educativo, sempre e cando os traballos se axustaran aos postulados, cada vez máis vixentes de Francisco Giner de los Ríos de da Institución Libre de Ensinanza.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: