A nosa achega á educación infantil

Mensaxe na botella

In EmocionArte on 14/06/2012 at 13:29

Pouco a pouco imos despedíndonos do grupo, facendo pequenos xestos que queden gravados no seu recordo do paso pola escola infantil e do grupo de compañeiros cos que compartiron tres anos.

Nesta ocasión quixemos que todos deran a súa opinión sobre as calidades dos compañeiros. A estas alturas, todos saben dos puntos fortes e febles dos outros, aprenderon a aceptalos, a obvialos e a salientar o positivo. Así, partindo do nome de cada un deles, acordamos facer un acróstico con adxectivos que os definan.

En primeiro lugar foi preciso saber as letras que empregaríamos –descartando as que non forman parte do nome de ninguén- e por grupos pensaron e buscaron adxectivos, palabras que poder dicir dun compañeiro ou compañeira. Deseguido, dispoñendo de todo ese abano de palabras, empezamos a facer os acrósticos consensuando entre todos os adxectivos que máis lle acaen a cada un deles. Como para facer un sociograma, non pensedes que se equivocaron na apreciación.

Unha vez elaborados todos e visto que retratan a cada un dos nenos e nenas de forma única –temos na clase nomes repetidos, malia todo, os adxectivos empregados foron diferentes, xa que logo, os nenos son distintos-, plasmados artisticamente nunha cartolina, introdúcense nunha botella de cristal, que se pecha e sela con silicona, para así permanecer sempre como recordo de como eran vistos en infantil polos seus compañeiros/as.

Amosámoslle exemplos de mensaxes en botellas que aparecen moitos anos despois e do que lles gustará a eles, atopar dentro dun anos estas mensaxes do grupo.

Ver presentación.

Mensaxe na botella
Advertisements
  1. […] Se trata de la vieja idea del mensaje en la botella adaptada a los valores de la amistad, el respeto y el compañerismo. Gracias a la buena idea de estos profesores, cada niño se llevó de recuerdo para el verano su botella con un mensaje muy especial de sus compañeros: un listado de adjetivos resaltando sus cualidades, adjetivos que comienzan por las letras que forman su nombre. Una preciosa dinámica de educación emocional. La podéis conocer en detalle en https://innovarteinfantil.wordpress.com/2012/06/14/mensaxe-na-botella/ […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: