A nosa achega á educación infantil

Poemas de cordel

In AlfabetizArte on 08/06/2012 at 06:53

Levábamos varios días preparando a visita ao centro de primaria ao que vai acudir a meirande parte do noso alumnado. Sepáranos unha distancia de aproximadamente 20´-25´camiñando; xa fixéramos o percorrido virtual con Google Maps para ver as dificultades, perigos e atractivos, pero as condicións meteorolóxicas fixeron que tivéramos que recorrer ao autobús.

Tamén pensamos en como agasallar aos nosos anfitrións. Tiñan moito empeño en mostrarlle o que xa saben facer, o que coñecen, o que aprenderon na escola infantil, dicíndolle que xa son nenas e nenos maiores. Porén pensaron nun texto escrito que demostrara todo isto.

O fermoso poema Son alfabeto do libro “Versos en flor” de Carlos Fontes foi o elixido, por varias razóns: porque é un acróstico feito coas letras do alfabeto galego; porque lles axudaba a demostrar que sabían das letras que hai galego e das súas diferenzas co castelán; porque dalgún xeito transmite a idea de que son “alfabetos/alfabéticos” e non “analfabetos”, e porque tamén é moi breve.

Decidimos copialo nunhas tarxetas coas que agasallaríamos ao profesorado do centro. Polo envés leva escrito o enderezo electrónico do blog de aula, no que poden saber todo o que fixemos ao longo destes tres anos na escola infantil, para así darlle unha idea ao seus futuros mestres/as de quen son e do que saben.

Canto á forma de facérllelo chegar, quixemos facelo ao modo da literatura de cordel. Nun tendal –que pensábamos poñer na carballeira/patio do centro- penduraríamos os poemas, así o profesorado e compañeiros poderían coller un exemplar.

Alá polos séculos XV e XVI as imprentas da época reproducían fragmentos de obras –populares ou clásicas pirateadas- en pregos soltos  sen encadernación que se vendían a baixo prezo, en feiras e mercados, expoñéndoas ao público en cordeis. De aí o nome de literatura de cordel. Algo similar ao que se ve hoxe en día co top manta, ou como apunta alguén, como facemos moitos na época cibernética cos blogs.

Esta explicación da literatura de cordel tamén estaba pendurada no tendal que, finalmente, por mor da choiva, tivemos que poñer nos corredores do centro.

Os poemas Son alfabeto, E por que? de Carlos Fontes, xunto co”Libro dos Por que?”, foron os nosos agasallos para o centro no que en setembro comezarán outra etapa da súa escolaridade.

Ver presentación.

Poemas de cordel
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: