A nosa achega á educación infantil

As expectativas dos nenos/as sobre o paso a primaria

In AlfabetizArte,EmocionArte on 08/06/2012 at 06:53

Moito temos falado estes días sobre o paso ao centro de primaria. Hai expectativas positivas e moito coñecemento transmitido por “voces autorizadas” de nenos con irmáns maiores xa en primaria. Hai mitos, realidades, absurdos e verdades. Tratamos de racionalizar todo ese coñecemento. Pensamos que a mellor maneira era recoller todas esas dúbidas nun Kartonlibro e preguntárllelo directamente ao profesorado e/ou equipo directivo do centro receptor.
Eles apuntaron preguntas como:
-Hai que facer exames? E por que?
-Hai que sentar de un en un ou de dos en dous? E por que?
-Xa non hai xoguetes nas aulas? E por que?
-Neste cole hai festas? E por que?
-Estaremos todos xuntos na mesma aula? E por que?
-Faremos cousas chulas para levar á casa? E por que?
-Teremos blog de aula para que os pais vexan o que facemos? E por que?
-Hai que facer deberes? E por que?
-Hai cole pola tarde? E por que?
-Pola mañá, ao chegar conversaremos e contaremos contos? E por que?
-Iremos sos no autobús? E por que?
-Hai seis campos de futbol? E por que?
-Como castigan aos que se portan mal? E por que?

“O libro dos E por que?”, completábase co poema E por que? de Carlos Fontes, que vén a resumir de forma extraordinariamente fermosa as cousas que aos nenos e nenas lles gustaría aprender na escola de educación primaria.

E por que a Terra é redonda?
E por que hai días e noites?
E por que reflicte o espello?
E por que o ceo é azul?
E por que hai solpor vermello?
(…)
Para nós é un momento de grande importancia na vida nos nenos e nenas, porén tratamos de mimalo e coidalo o máis posible, enchéndoo de ilusión e baleirándoo de ansiedade.

Ver presentación.

Libro dos Por que?
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: