Son moitas as persoas que nos están a preguntar a maneira de visitar estas escolas italianas, emporiso, velaí a nosa experiencia:
Reggio Emilia
Hai unha Rede educativa reggiana no estado español (SAREL), con Alfredo Hoyuelos ao frente. Case todos os anos organizan unha viaxe de estudos, non hai máis que facerlles a consulta.
A outra opción, é contactar directamente con Reggio Children, no seu web hai información sobre visitas, cursos e másters.
Pistoia
Teñen un web no que indican a posibilidade de realizar visitas e estadías de estudo. Os contactos poden ser Donatella Giovannini, d.giovannini@comune.pistoia.it ou Fiorella Serafini f.serafini@comune.pistoia.it .
San Miniato
La Bottega di Geppetto é o centro de formación e documentación dos servizos de atención á infancia da Comunidade de San Miniato. No seu web atópase información sobre cursos, estadías e contacto. Barbara Pagni, pagni@bottegadigeppetto.it é a coordinadora destas accións.
É moi doado, non hai máis que querer ir.