Como adultas caemos rendidas perante o último albume ilustrado de Raquel Díaz Reguera, “Catálogo de besos”, e de inmediato xa se nos dispararon as ideas para “versionealo” nas aulas co noso alumnado.
Da librería pasamos a un bazar no que mercamos unha grande variedade de barras de labios, mesmo de cores do máis inverosímil; non é doado poñerlle cor aos bicos envelenados, a bicos de pedir perdón, bicos sacapenas, recompensa, rutineiros, bicos de espertar, bicos de boas noites, bicos de amor, bicos de amizade, bicos de despedida, bicos de consolo, bicos de cortesía …
Coa experiencia que fomos collendo como catadores e catalogadores de bicos, froito das nosas lecturas, “Besos, besos”, “Mamá de qué color son los besos” ou “La reina de los besos”, decidimos facer unha actividade de recolleita, catalogación e conservación de bicos.
Cada neno/a, coa colaboración das súas familias, aporta bicos, co seu correspondente nome e posoloxía. Consérvanse en botes de cristal, anunciando a súa existencia e dispoñibilidade nun cartel que temos na porta da clase, no que tamén se convida a deixar un bico. Asemade, elaborouse unha carta de bicos na que teñen cabida os bicos metralleta, bicos tutifruti, bicos sonoros, bicos voadores…, e así ata trinta variedades.
Ver presentación.
![]() |
Catálogo de bicos |
As compañeiras de El Biblioabrazo, fixeron unha excelente escolma de imaxes de bicos: na arte, na fotografía, na danza ou no cinema, ao que nós engadimos o sofá “Labios” deseñado por Dalí con Óscar Tusquets, e “Beso de fuego” do mesmo autor.
Dará para máis …, xa que logo, cada bico é único e irrepetible e cadaquén fai a súa clasificación, algunhas inolvidables como a da Nobel chilena Gabriela Mistral no poema “Besos”.
Unhas ideas xeniais, coma sempre!!
Graciñas por compartir cousas tan fermosas e creativas!
Un bico de mariposa! 🙂
A máis de dar as grazas, queremos recomendarche que o fagas, é xenial, e os nenos desfrutan moitísimo.