“Aire sonoro” é unha pequena xoia poética de A.García Teijeiro dedicada aos que aman as cores dos instrumentos. Comeza cunha cita de Daniel Barenboim, na que fai referencia ao músico italiano Busoni quen dixo que a música é aire sonoro, aire con son, nada máis ca iso.
Aire sonoro notas ó vento música libre en movemento.Trinta e un poemas cuxo eixo temático é a música; no que o son, a cor e mesmo o olor dos sons dos instrumentos nos proporcionan unha absolutamente lírica e sinestésica, que tiveron continuación en “Recendos de aire sonoro“, publicado en Xerais no 2011.