A nosa achega á educación infantil

Pork Art

In CativArte on 07/02/2012 at 08:03


Lalín Pork Art
é unha mostra artística ao estilo da Cow Parade –á que xa lle dedicamos unha entrada neste blog– na que salientando o papel do porco na cultura galega, podemos ver as distintas intervencións plásticas, as distintas miradas ás que dá lugar.

Temos moito interese en amosarlle ao noso alumnado que non hai unha visión única e unívoca das cousas, senón que hai moitas posibles, e estas actuacións permítennos ver como, partindo dun mesmo obxecto, unha escultura dun porco, se pode chegar a moi diferentes intervencións, interpretacións e reaccións do espectador. Ver imaxes.

Tratando de explicarlle ao noso alumnado a orixe desta exposición, decatámonos do gran descoñecemento que teñen sobre a utilidade e consumo do porco, non reparando na presenza da súa carne en cantidade de produtos de consumo habitual.

Rematamos cunha realización persoal, cadaquén fixo un deseño dunha nova figura para o PorkArt. Ver presentación.

porkart
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: