A nosa achega á educación infantil

Dous clásicos actualizados

In ContArte on 14/12/2011 at 08:05

Non cremos que haxa ningún mestre/a de infantil que non lle lera ao seu alumnado os dous títulos que seguen, xa convertidos en clásicos e que agora nos presentan as súas respectivas editoriais actualizados

La pequeña oruga glotona”, en edición especial despregable para conmemorar o 40 aniversario da súa publicación. Unha fermosura que lle engade valor a este libro que nos fala do proceso vital dunha eiruga, da alimentación, dos días da semana, dos excesos alimentarios, etc. No web do seu autor, Eric Carle podemos ver todo tipo de produtos creados a partir da famosa hungry caterpillar, de tal xeito que ata vimos en UK librerías con seccións dedicadas a este personaxe ou á obra do seu autor.

A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”, se a versión pop-up xa lle dera máis animación a esta escatolóxica e hilarante historia da toupiña, agora con sons como plas-chof-plin… somos aínda máis conscientes do noxento agravio que sufriu e do que se vingará.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: